HomeA CoruñaLaxe premia ás mellores dedicatorias de amor do IV Certame “Dillo ben...

Laxe premia ás mellores dedicatorias de amor do IV Certame “Dillo ben bonito: O amor prémiase en Laxe”

- Anuncio -spot_img

• ‘Estrellas’, ‘Bótoche de menos’ e ‘O amor non é sempre rosa, vai cambiando de cor’ integraron o podio entre as 14 propostas presentadas.

• En total recibíronse un total de 1.007 votos a través das dúas canles habilitadas.

O Concello de Laxe publicou a relación de gañadores da cuarta edición do certame “Dillo ben bonito: O amor prémiase en Laxe”.

A presente edición do concurso contou cun total de catorce dedicatorias presentadas as cales se repartiron os 1.007 votos recibidos a través das dúas canles habilitadas; a través da páxina de Facebook do Concello ou mediante NovasLaxe.

Deste xeito, premiáronse un total de oito propostas, das cales ‘Estrellas’, con 251 votos, ‘Bótoche de menos’, con 219, e ‘O amor non é sempre rosa vai cambiando de cor’, con con 164, integraron o podio.

As persoas agraciadas foron premiadas con unha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas en establecementos do municipio.

Relación de persoas e obras premiadas:

PostoVotos totaisAloxamento asignadoTítulo da dedicatoriaPseudónimo
1251CABANAS NA AREAESTRELLASFIAMA
2219HOTEL O NÁUTICO DE LAXEBÓTOCHE DE MENOSPÉTALOS NO MAR
3164HOTEL RÚSTICO DA TORREO AMOR NON É SEMPRE ROSA, VAI CAMBIANDO DE CORMAR EN CALMA
4143CASA RURAL DE ARRUEIROCON FORZAALLERTOU
552HOTEL PRAIA DE LAXEUN NOVO ESPERTARXESTA MOURA
636HOTEL MAR DE LAXEOs amantes escondidosLIL LOU
735APARTAMENTO TURÍSTICO OS BATÁNSEUCALIPTOFISIOQUEEN
824HOSPEDAXE RESIDENCIA BAHÍAAMORMÚSICA

Publicacións Relacionadas