Home A Coruña Lete Lasa supervias as dúas pistas multideporte renovadas en Curtis (A Coruña)...

Lete Lasa supervias as dúas pistas multideporte renovadas en Curtis (A Coruña) cun investimento de máis de 53.000 euros

- Anuncio -

_Por unha banda, instalouse unha nova pista multixogo no núcleo de Teixeiro e, pola outra, acondicionouse a pista xa existente no complexo de Curtis. A Xunta achegou o 65% do orzamento total das actuacións

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e da man do alcalde do municipio coruñés de Curtis, Javier Caínzos, supervisou na mañá de hoxe a instalación de dúas pistas multideporte no concello, grazas ao convenio de colaboración asinado entre as dúas administracións e que contou cun orzamento total de máis de 53.000 euros (53.255,17 euros). En concreto, a Xunta achegou o 65% do importe total (35.000 euros) e o concello, o restante 35% (18.255,17 euros).

As actuacións localízanse na zona deportiva do núcleo urbano de Curtis e no núcleo urbano de Teixeiro, situadas en dúas en zonas destinadas a equipamento deportivo municipal. Por unha banda, o complexo situado no núcleo de Teixeiro conta con piscina municipal, ximnasio municipal, pavillón polideportivo municipal, así como pista de pádel e pista de tenis. Pola outra, o complexo situado na área urbana de Curtis conta con pavillón polideportivo, dúas pistas de pádel, piscina municipal e pista de baloncesto. No caso de Teixeiro procedeuse á instalación dunha pista multixogo, mentres que en Curtis realizouse o acondicionamento da área, reparación da actual pista de baloncesto, pintado da marcaxes de xogo.

A pista multixogo de Teixeiro ten unhas dimensións de 22×15 para a práctica de fútbol, baloncesto, tenis, voleibol ou balonmán entre outros. A estrutura realizouse en trámex, de altura de un metro. O pavimento está formado por céspede fibrilado. A iluminación da pista lévase a cabo mediante a instalación de focos led de 200 vatios. As obras de reparación do pavimento da pista de Curtis, así coma das zonas de tránsito, realizáronse con aplicación de resina acrílica pigmentada con microáridos incorporados en masa, de secado rápido, para protección de superficies sometidas a elevado tránsito peonil.

O secretario xeral para o Deporte asegurou que con esta actuación “renóvase o mapa de infraestruturas deportivas de Curtis, así como da comarca de Betanzos”. Unha obra, dixo, da que se verán beneficiados “os máis de 4.000 habitantes do concello, pero tamén os nove equipos inscritos no Rexistro de Entidades Deportivas”. Entre eles, Lete Lasa destacou á Asociación Club Deportivo Hydra (bádminton) e á Sociedade Deportiva e Cultural Teixeiro (fútbol), que en 2021 recibiron un total de máis de 5.000 euros entre as dúas entidades.

Neste exercicio 2022, a Secretaría Xeral para o Deporte conta cun orzamento inicial de 32.489.463 euros que sobe lixeiramente sobre o inicial de 2021 (32.474.216 euros). Deste total, a contía destinada para obras de construción e reforma de infraestrutura deportiva acada os 11,3 millóns de euros, un 24% máis que o destinado en 2021 (9,15 millóns) e que xa ascendera un 118% con respecto a 2020.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas