Os bombeiros do parque provincial de Betanzos recibiron aviso na noite de onte por unha persoa que quedara atrapada nunha rampa de garaxe. Ao chegar ao punto, estabilizaron o vehículo e liberaron á vítima, que estaba atrapada polo seu propio vehículo contra unha varanda e un muro. Foi trasladada polo 061.