HomeA CoruñaLimpeza de vía por vertedura de gasóleo no lugar de Runs, no...

Limpeza de vía por vertedura de gasóleo no lugar de Runs, no concello de Boiro

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque provincial de Boiro foron requiridos na tarde de onte, 23 de xullo, polo 112 para realizar unha limpeza de estrada no lugar de Runs, no concello de Boiro.

A vertedura foi provocada por un camión aparcado que estaba a verter gasóleo, provocando un regueiro no que a xente escorregaba.

Para limpala, os bombeiros provinciais botaron desengraxante sobre a mancha, mentres ían fregando sobre a mesma para poder eliminala. Posteriormente, baldearon a zona para deixala completamente segura.

Completou o operativo o servizo municipal de Protección Civil.

Publicacións Relacionadas