Home A Coruña Luís Pérez: "Imos facer que vos sintades orgullosos de ter confiado en...

Luís Pérez: “Imos facer que vos sintades orgullosos de ter confiado en nós”

- Anuncio -

Os nacionalistas presentaron, na Lonxa de Ribeira, un equipo renovado e capacitado que vai facer unha Ribeira en grande

Nun ateigado salón de actos da nova Lonxa de Ribeira, o BNG presentou a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais. A lista electoral, composta polo número máximo de persoas que permite a lei, 31, é froito da “escolla dos mellores, das persoas máis capacitadas e que mellor representan o noso concello, xa que está conformada por persoas de todas as parroquias, de todos os sectores económicos e dos movementos sociais máis destacados, como son a defensa da sanidade, as Anpas ou o tecido social”, destacou o candidato Luís Pérez.

O acto arrancou cunhas palabras de Amparo Cerecedo, candidata do BNG da Pobra do Caramiñal, quen aproveitou a súa quenda de intervención para afirmar que “Luís Pérez vai ser o mellor Alcalde, por ter a formación e a experiencia necesaria que, xunto co equipo que o acompaña, vai facer que o modelo de Concellos BNG chegue tamén a Ribeira, facendo desta localidade unha verdadeira Pontevedra, Allariz ou Carballo”.

Pola súa banda Rosana Pérez, deputada do BNG no Parlamento Galego afirmou que o Bloque vai dar un gran salto adiante nestas eleccións, xa que se dan as condicións para que así sexa e porque se están artellando as mellores candidaturas municipais da historia do BNG. “Sen dúbida algunha, das eleccións municipais deste maio van saír máis concelleiros e concelleiras e máis gobernos do BNG”, manifestou.

Equipo preparado para gobernar

O candidato do BNG, Luís Pérez Barral, indicou que o BNG ten “un proxecto claro e un equipo extraordinario de persoas capaz de aproveitar as fortalezas desta vila”. Así mesmo, o candidato afondou na idea de que as propostas do BNG son tan solventes que moitas delas son apoiadas por maioría, aínda que o goberno as incumpra. Barral asegurou que “se desde a oposición lograron sacar adiante propostas tan importantes como municipalizar o aparcadoiro do Centenario con tarifas reducidas, crear os estacionamentos disuasorios, formular a proposta alternativa da circunvalación para aliviar o tráfico urbano sen prexudicar á veciñanza, os bonos comercio, a nova biblioteca, a residencia das Saíñas, etc. que non poderá facer o BNG desde o goberno ribeirense”.

Facer unha Ribeira en grande

Os nacionalistas xa teñen catro eixos de goberno marcados nos que pretenden que Ribeira volva medrar, para iso centrarán a súa acción na materialización do polígono industrial pero tamén en encher as rúas de vida para apoiar o comercio e hostalaría locais. O segundo eixo é unha Ribeira ben coidada, verde e sostible na que priorizarán o mantemento de equipamentos públicos fronte o malgasto en grandes obras, en cemento, palmeiras ou herba de plástico. Tamén se comprometen a reducir o tarifazo do saneamento aplicado polo PP.

A promoción dos coidados ás persoas maiores coa mellora da dependencia e a conciliación da vida laboral e familiar con puntos de atención á infancia específicos é o terceiro dos eixos.

Por último os nacionalistas queren poñer ás parroquias no centro garantindo a prestación de servizos como auga, saneamento, internet de calidade ou promovendo a participación veciñal nos proxectos que se desenvolvan, facendo que todas as actuacións sexan amplamente respaldadas.

Candidatura BNG

O futuro goberno estará liderado por Luís Pérez, técnico na Administración Local e concelleiro con máis de 10 anos de experiencia. Séguélle Cruz Rivadulla (concelleira, profesora xubilada e voluntaria en Servizos Sociais), Veva Betanzos (autónoma, asesora de empresas), Antía Alberte (graduada en Ciencias Ambientais, máster en prevención de riscos laborais e ilustradora), Xabier Vidal (diplomado en Relacións Laborais e contable), José Sanmiguel (profesional sanitario e directivo dunha Anpa), Rafael Pazos (traballador de Portos de Galiza), Carmen Lampón (mestra), Isabel Sampedro (traballadora da conserva), Áurea Santiago (autónoma comerciante), Alexandre Ríos (xefe de máquinas).

Completan a candidatura Teresa Prol, Xana Ledo, Carlos Lixó, Iria Casais, Silvia Varela, Ezequiel Millet, Xosé A. Parada, Rosana Pérez, Marta Varela e Xosé A. Vázquez Cobas.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas