HomeA CoruñaLuis Seoane e a súa faceta interartística foi homenaxeado no Día da...

Luis Seoane e a súa faceta interartística foi homenaxeado no Día da Poesía

- Anuncio -spot_img

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou o papel vangardista do autor e a súa aportación na arte e a cultura galega

Luis Seoane foi homenaxeado este xoves polo Día da Poesía, nun acto celebrado na Fundación que leva o seu nome e que estivo organizado pola Real Academia Galega, en colaboración co Concello da Coruña. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou neste acto, no que tamén interviñeron Víctor F. Freixanes, presidente da RAG, e María López-Sández, coordinadora da edición ‘Luis Seoane. Unha ollada interartística desde o exilio e o compromiso’.

“A Coruña é unha cidade agradecida cos seus artistas e creadores e desde o Goberno de Inés Rey traballamos día a día por preservar e reivindicar o legado de Luis Seoane a través de numerosas accións que teñen como punto central esta Fundación”, indicou Gonzalo Castro. O acto contou coas intervencións de Xesús Fraga, Helena González, Carlos Negro, Alba Cid, Anxo Angueira, Oriana Méndez, Baldo Ramos e María do Cebreiro. A parte musical correu a cargo de Tino Baz. O acto, de acceso libre, xirou en torno ao universo creativo de Luis Seoane, cunha mirada interdisciplinar.

Publicacións Relacionadas