Alternativa seguirá de preto os compromisos adoptados polo Concello para mitigar a situación diaria na contorna do Centro de Saúde de Portádego
Alternativa levou ao pleno a situación que afecta á veciñanza da zona. Posto que a escaseza de aparcamentos na contorna do centro de saúde, fai que a parte residencial de esa zona se colapse diariamente.
Ante a solicitude da voceira Thais Palla, dende o Concello comprometeuse á xestión de novas prazas. Afirmando que están en trámites para adecuar un terreo que linda co Centro de Saúde e habilitalo para o persoal. Liberando esas prazas do aparcadoiro xeral para as persoas usuarias.