HomeA CoruñaMáis coidado para o Rego das Xesteiras

Máis coidado para o Rego das Xesteiras

- Anuncio -spot_img

Alternativa translada, novamente, a súa preocupación polo estado de mantemento da contorna do Rego das Xesteiras.

O grupo municipal demanda coñecer a periodicidade coa que se realizan os servizos de mantemento e limpeza da área, co obxectivo de garantir a conservación adecuada deste espazo.

O Rego das Xesteiras é un enclave de lecer e un elemento destacado do patrimonio natural de Culleredo, que ademais rexistra unha ampla afluencia tanto da veciñanza como de persoas visitantes. Por ese motivo, Alternativa continuará a insistir na necesidade dun mantemento máis regular e eficaz, que permita preservar o espazo en condicións óptimas de uso e conservación ambiental.

Publicacións Relacionadas