Home A Coruña Máis de 1.200 persoas xa reservaron espazo para a Festa do Cochiño...

Máis de 1.200 persoas xa reservaron espazo para a Festa do Cochiño que terá lugar o vindeiro sábado no Acevedo

- Anuncio -
  •  O alcalde de Cerceda lembrou a importancia de manter e impulsar esta festa como patrimonio histórico do municipio
  • Asegurou que son moitos os veciños e veciñas que xa reservaron espazo pero tamén os turistas de toda Galicia que se achegarán ao concello esta fin de semana
  • Será o 30 de xullo, tras dous anos parón pola COVID e non faltarán a gastronomía a animación infantil e a música

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, presentou hoxe a programación da Festa do Cochiño que terá lugar o vindeiro 30 de xullo, tras dous anos de parón pola Covid-19. O evento está organizado polo concello coa colaboración da Deputación da Coruña. Asegurou que xa son máis de 1.200 as persoas que xa reservaron espazo ou mercaron a venda anticipada polo que espérase unha masiva afluencia de público a gran festa do verán.

O alcalde destacou esta festa como un patrimonio histórico de todos os cercedenses que o concello manterá e impulsará. Lembrou, ademais, a gran cantidade de persoas foráneas que se darán cita esta fin de semana no Acevedo.

Unha das citas gastronómicas e culturais máis esperados do verán regresa a Cerceda dous anos despois. O polígono do Acevedo acollerá animación, música e por suposto a famosa preparación culinaria, o cochiño.

A xornada festiva arrincará co grupo Faíscas da Pontraga, que actuará durante todo o día. Sobre as 14.00 horas comezará a ansiada degustación do cochiño, e outros produtos como churrasco, polo ou o polbo.

De xeito paralelo ao festín haberá inchables de balde para os máis pequenos de 15.30 a 19.30 horas que poderán compatibilizar cun baño no Aquapark.

E non faltará a música coa actuación das orquestras Panorama e Os Satélites, que amenizarán a verbena ata a madrugada.

As racións custarán 13 euros e farase venda anticipada e reserva de sitio no propio consistorio, no centro de saúde da Silva e no centro social O Moucho.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas