HomeA CoruñaA CoruñaMáis de 1000 nenos e nenas iluminarán coas súas actuacións a XXIV...

Máis de 1000 nenos e nenas iluminarán coas súas actuacións a XXIV gala do Festival Intercentros

- Anuncio -spot_img

O Concello patrocina este evento anual solidario no que participa o alumnado de máis de 30 centros educativos da cidade

A recaudación é a beneficio das asociacións Daño Cerebral A Coruña e Boa Noite

Mañá celebrarase no Coliseum a XXIV gala do Festival Intercentros, unha iniciativa solidaria organizada pola Asociación Cultural Festival Intercentros, co patrocinio do Concello da Coruña, que este ano ten como obxectivo a colaboración solidaria coas asociacións Dano Cerebral A Coruña, e BoaNoite, da parroquia de San Francisco de Asís, que serán as beneficiarias da recaudación deste ano.

A actividade trátase dun concerto no que participarán máis de 1000 escolares de diferentes centros educativos da cidade (máis de 30 en total) e que poderán demostrar o seu talento musical tanto no canto como no instrumental e o baile, ofrecendo un espectáculo cheo de ilusión e de esforzo que xa é unha institución na cidade pola súa longa traxectoria.

Toda a recaudación pola venda de entradas —que teñen un prezo de 10 euros— será doado ás causas solidarias escollidas. Ademáis do prezo da entrada, os asistentes terán que entregar un kilo de alimentos, que recollerá o Banco de Alimentos Rías Altas, completando o carácter social do evento. Os pequenos artistas ofrecerán actuacións englobadas en tres grandes categorías: directo, canción e coreografía.
“É máxico ver aos nenos e nenas tan implicados nun proxecto como este. Non só lles permite mostrar o seu enorme talento, tamén os educa na necesidade de ser solidarios, coas entidades da cidade que realizan unha fantástica labor social. A gran gala final do Festival Intercentros é unha esperanza que nos enfoca nas cousas verdadeiramente importantes”, subliñou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Publicacións Relacionadas