Home A Coruña Máis de 150 deportistas participarán este sábado no XXXI Trofeo Cidade de...

Máis de 150 deportistas participarán este sábado no XXXI Trofeo Cidade de Narón e o XXI Memorial Javier Lago

- Anuncio -

Máis de 150 deportistas participarán este sábado, día 16, na trixésimo primeira edición do Trofeo Cidade de Narón. Así o avanzaron o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, que presentaron este mediodía o evento no Consistorio. Na convocatoria, organizada pola citada entidade deportiva en colaboración co Concello, disputarase tamén o vixésimo primeiro Memorial Javier Lago.

Os deportistas proceden de once clubs, destacando a presenza da Escola de Natación Corvera, de Asturias, por primeiro ano. O resto dos clubs participantes son os de Natación de Arteixo; Santiago;
Culleredo; A Coruña; Liceo; Panas; Club do Mar; Marina Ferrol;
Natación Ferrol e Náutico de Narón.

En canto ao nivel individual destaca, tal e como indicaron dende o Náutico de Narón, a presenza de Paula Hernaéz (Culleredo), Candela Leivas, Miguel Graña (Ferrol); Anton Valle, Adrian Cerro y Paula Rodríguez (Corvera); Ana Veiga (CN Arteixo); Teo Sanesteban, Damián Suárez y Eneko Astigarrabía
(Marina Ferrol), Xoel Parcero y Chiara Vicenti (Santiago); Paula Albes e Daniel Meizoso (Narón). Todos eles, entre outros, optarán ao premio do XXI Memorial Javier Lago, que galardona al mejor deportistas individual del Torneo.

A competición dará comenzo ás 17:00 horas no complexo polideportivo municipal da Gándara e a entrada é de balde.

O edil de Deportes destacou a importancia deste evento a nivel deportivo na cidade, resaltando a dilatada traxectoria do mesmo, sendo un dos máis antigos de Galicia, e felicitou á Agrupación Náutico de Narón por mantelo no tempo. Santalla animou á cidadanía a acudir a ver a competición para animar aos participantes.

Relacionadas

O bravú celebra os seus 30 anos mañá no Colón cun documental e un...

0
O Goberno de Inés Rey promove este evento no que se proxectará un documental e haberá unha actuación de Orquestra Bravú Xangai con moitas...

Unhas 900 persoas acudirán mañá á “XXXV Gala do Deporte de Narón” no Pazo...

0
O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá unha nova edición, a trixésimo quinta, da “Gala do Deporte de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro,...

O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre...

0
A Asociación micolóxica Viriato organiza a próxima semana, coa colaboración do Concello, as “IV Xornadas micolóxicas de Neda”. Trátase dunha actividade gratuíta de iniciación...

Neda desenvolverá a vindeira semana unha nova edición das súas Xornadas micolóxicas

0
O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre a Asociación Viriato e o Concello A Asociación micolóxica Viriato organiza...

Cariño conmemorará o 25N coa lectura dun manifesto, unha marcha e un taller formativo...

0
• O Concello participa este ano nunha campaña conxunta con Mañón, Cerdido e Ortigueira. O Concello de Cariño conmemorará o 25N, Día Internacional para a...

Veciñanza da Pobra elabora xabóns ao abeiro dos obradoiros de artesanía Feito coas túas...

0
O obradoiro de confección de xabóns impartido por Flow de Meiga marca o final do programa Feito coas túas mans, impulsado pola Concellaría da...

Publicacións Relacionadas