Home A Coruña Máis de 5.000 mulleres participarán este domingo na Coruña nunha nova edición...

Máis de 5.000 mulleres participarán este domingo na Coruña nunha nova edición da Carreira da Muller

- Anuncio -

A alcaldesa, Inés Rey, destaca a implicación da cidadanía coruñesa nesta multitudinaria proba, para a que xa non quedan dorsais

A Coruña volverá a vivir este domingo unha multitudinaria proba da Carreira da Muller. A organización do evento, coa que colabora o Concello, acaba de confirmar que xa están esgotados os dorsais; polo tanto, máis de 5.000 mulleres participarán na proba.

A carreira comezará ás 10.00 horas na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, onde tamén se situará a meta, e contará cun percorrido de 6 quilómetros; ao remate, haberá unha sesión de adestramento aeróbico, tamén en Riazor. Para aquelas persoas que non puideran conseguir o seu dorsal, a proba poderá disputarse de maneira virtual. Ademais, aínda se pode colaborar co dorsal solidario a favor de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia).

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, amosouse moi satisfeita da resposta da cidadanía ante esta nova edición da Carreira da Muller. “É unha honra que A Coruña volva, un ano máis, a esgotar os dorsais para participar nesta proba. A nosa é unha cidade comprometida e unha cidade chea de mulleres valentes”, sinalou a rexedora.

Antes da saída celebrarase unha homenaxe á adestradora de patinaxe Rosa María García, do club Maxia, e á árbitra e atleta María Eugenia Gil polas súas traxectorias profesionais.

Todas as mulleres participantes lucirán o dorsal 016, número de teléfono de atención ás vítimas de violencia machista.

Os obxectivos desta proba son incorporar as mulleres de todas as idades á práctica habitual do deporte, loitar contra o cancro e concienciar sobre a súa prevención, promover hábitos de vida saudables e combater a violencia de xénero e as desigualdades entre homes e mulleres.

A organización realizará unha doazón ao final do circuíto de 75.000 euros á Asociación Española Contra el Cáncer, aumentando a cifra achegada no 2021. Tamén se continuará apoiando a tres fundacións centradas na protección da muller: Wanawake Mujer, Fundación GEICAM e Clara Campoamor.

Relacionadas

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín, que se...

0
“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo...

Publicacións Relacionadas