Free Porn
xbporn
Home A Coruña Máis de 50 expositores participarán na VI Feira do Queixo de Moeche...

Máis de 50 expositores participarán na VI Feira do Queixo de Moeche e I Feira estatal de Queixarías Artesás QueRed

- Anuncio -

O evento celebrarase no recinto feiral de San Ramón na fin de semana do 16 e 17 de marzo

Faltan exactamente dez días para que Moeche se convirta na capital do queixo artesanal, tanto de Galicia como do resto do Estado. E é que o sábado 16 e o domingo 17 de marzo o recinto feiral acollerá a sexta edición da Feira do Queixo de Moeche, que este ano se amplía a dous días para darlle cabida á primeira Feira de Queixarías Artesás QueRed, a rede española que agrupa a máis de 300 obradoiros de campo e artesanais. Un total de 39 queixarías -22 delas integradas en QueRed- xa confirmaron a súa participación nunha cita á que tamén asistirán outros 17 expositores, facendo de Moeche o principal referente da pequena produción agroalimentaria, os sabores diferenciados e a máxima calidade.

O Concello desvelou hai escasos días a programación completa da feira, que se distribuirá en tres grandes espazos: a nave do Mercado -reservada ao completo para queixarías-, unha grande carpa situada ao seu carón para acoller os postos agroalimentarios e unha terceira superficie cuberta fronte aos locais das asociacións onde se desenvolverán todas as actividades paralelas.

A xornada do sábado 16 terá unha marcada orientación profesional e, de feito, non haberá venda de queixo. Ás 12:30h presentarase a rede de ámbito estatal QueRed, creada co obxectivo de defender os intereses das queixarías de campo e artesanais, ademais de servir como foro formativo e de impulso de iniciativas conxuntas, como é o caso da Ruta QueRed que tamén se dará a coñecer no encontro de Moeche.

Trala presentación do proxecto ofrecerase unha degustación gratuíta e actuará a agrupación de música e baile tradicional Alxibeira. Pola tarde, das 16:00h en diante, está prevista a sesión técnica “Queixos artesáns e requisitos normativos”, na que se abordará o escenario legal e as perspectivas de futuro da produción artesanal de queixo.

O domingo 17 de marzo, a VI Feira do Queixo e a I Feira de Queixarías Artesás QueRed abrirá ás 10:00h cun total de 56 postos agroalimentarios, 39 deles queixarías de Moeche, da comarca, de Galicia e doutras zonas de España que porán á venda queixos con distintos procesos de elaboración, tipos de leite e graos de maduración. O produto estrela acompañarase de catas comentadas, showcookings, obradoiros para a rapazada, música -actuarán Uxía Lambona e a Banda molona e o grupo Lenda Ártabra-, sorteos e outras propostas, como son as visitas guiadas ao castelo de Moeche con saída desde a propia feira.

Cómpre lembrar que o Concello de Moeche e Renfe volverán poñer en marcha o Tren do Queixo para facilitar a asistencia á feira. O convoi sairá ás 10:45h da estación de Ferrol e ofrecerá tres opcións de volta desde Moeche: ás 14:04, ás 17:29 e ás 19:19h. Porase un autobús para os traslados desde a estación á feira e desde a feira á estación.

A Feira do Queixo de Moeche, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, clausurarase ás 20:00h.

Presentación o mércores 13
Como veu ocorrendo nas anteriores edicións da feira, o Concello programou unha presentación oficial que terá lugar na sede da Fundación Abanca, en Ferrol, o mércores 13 a partir das 11:00h.

Nela participarán a alcaldesa, Beatriz Bascoy; a concelleira de Desenvolvemento local, Cristina García, e o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira. Por parte do sector asistirá un dos responsables de Lácteos Moeche e tamén Xesús Mazaira, da queixaría ourensá Airas Moniz, en representación da Rede Española de Queixarías de Campo e Artesás.

Relacionadas

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para...

0
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural...

A Praza dos Libros de Carballo bateu un novo récord ao superar os 1.700...

0
“De centeo de durmideiras”, de Rosalía Fernández Rial, foi o título máis vendido da plic! Hai dúas semanas estabamos a celebrar unha das mellores edicións...

Ambar presenta a creación escénica “Ping pong” dirixida por Paula Quintas

0
Hoxe día 26 presentouse en Ribeira a danza experimental con obxectos “Ping pong” argallada polo grupo de artes escénicas “Elas” de Ambar e dirixida...

A Feira dá Cebola Chata cumpre 23 anos aderezando o verán miñense

0
● O evento celebrarase o vindeiro domingo, 4 de agosto, e durará da mañá á noite. O Concello de Miño organiza, un ano máis, a...

O concello licita o proxecto de renovación dos proxectores das torres de iluminación do...

0
Investiranse 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello vai renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de...

O espazo de participación de infancia e de adolescencia da  Laracha realiza un roteiro...

0
Mediante esta actividade os nenos, nenas e adolescentes experimentaron realidades diversas en materia de accesibilidade para atopar eivas no deseño urbano da vila da...

Publicacións Relacionadas