Máis de 50 persoas participarán na actuación de foliada libre Escolas Abertas no 10 de xullo

Redacción

 Desenvolverase das 22.00 horas en diante, unha vez remate o partido de fútbol

O folclore vivirase ao aire libre en Ribeira coa actuación e foliada libre Escolas Abertas que promove a Xunta de Galicia e o Concello. Trátase dunha acción que reunirá a máis de 50 persoas no venres, 10 de xullo, na praza de Porta do Sol; todas elas unidas pola música e baile tradicionais e procedentes de diversos países como Arxentina, Uruguai ou Cuba, entre outros.

A actividade comezará das 22.00 horas, en diante, unha vez remate o partido dos cuartos de final do Mundial.

Con relación a esta acción, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifesta que “seguimos dinamizando a vida cultural do noso municipio e as nosas rúas aproveitando o bo tempo do verán.

Novamente, o folclore volverá a ser o protagonista coa participación de persoas de distintos países. E, máis alá de asistir como espectadores, tamén teremos ocasión de sumarnos coa foliada.”

Comparte este artigo