Home A Coruña Malpica presenta a XXXVII Edición da Mostra de Olería de Buño que...

Malpica presenta a XXXVII Edición da Mostra de Olería de Buño que se celebrará do 12 ao 15 de agosto

- Anuncio -

• O acto inaugural tivo lugar no Forno dos Mouróns ás 10:30 horas.


• Estiveron presentes o alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Cultura e Olaría, Leticia Varela; o concelleiro de Deportes, Miguel Varela; o edil de Turismo, Alfredo Cañizo e membros da Asociación Oleira.

O Concello de Malpica presentou esta mañá a XXXVII Edición da Mostra da Olería de Buño no Forno dos Mouróns ás 10:30 horas. Celebrarase do 12 ao 15 de agosto e seguirá as pautas da celebrada o pasado ano. Estiveron presentes o alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Cultura e Olaría, Leticia Varela; o concelleiro de Deportes, Miguel Varela; o edil de Turismo, Alfredo Cañizo e membros da Asociación Oleira.

O cartel está baseado nunha ilustración de Leandro Lamas, un pintor e ilustrador de Neda, que fixo a súa primeira exposición no ano 1998. A súa idea foi empregar as cores tradicionais da cerámica de Buño e a muller como protagonista, representada dando forma a unha peza.

En canto á programación, tratarase de darlle protagonismo unicamente á olaría, habendo postos de venda, exposicións permanentes no parque Luciano García Alén e demostracións co torno.

Contarase tamén con representacións folclóricas tradicionais mediante pasarrúas das asociacións culturais municipais e daráselle un protagonismo principal á muller oleira coa exposición “Sen elas non hai olería”, coa charla coloquio “Alfarería e a muller”, e conseguintemente tamén o espazo expositivo das xa coñecidas Zoquiñas Vermellas.

Tamén haberá espectáculos para a rapazada con maxia, xogos tradicionais e obradoiros adaptados ás súas idades.

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas