HomeA CoruñaMarcos Sande e Samuel Ferreiro proclámanse campións da terceira Liga de Pádel...

Marcos Sande e Samuel Ferreiro proclámanse campións da terceira Liga de Pádel de Carral

- Anuncio -spot_img

· Na categoría B, de nivel intermedio, resultaron gañadores Rodrigo Fuentes e Alejandro Sánchez.

· O Concello abrirá, proximamente, o prazo de inscrición para o seu torneo de verán.

Carral despediu, esta semana, a súa terceira Liga de Pádel, na que se enfrontaron un total de 24 parellas divididas en dúas categorías: a A, para os xogadores máis avanzados, e a B, para os de nivel intermedio. Tras unha dura contenda, a parella formada por Marcos Sande e Samuel Ferreiro proclamouse campioa na clase A, mentres que Rodrigo Fuentes e Alejandro Sánchez fixeron o propio na B. O alcalde, Javier Gestal, fixo entrega dos trofeos aos campións e subcampións, aos que felicitou por “ou esforzo realizado durante a competición”.

Na primeira fase da liga, disputada entre febreiro e maio, celebráronse un total de 62 encontros. A continuación, comezou a fase eliminatoria, na que se clasificaron as catro mellores parellas de cada grupo. A gran final tivo lugar o pasado xoves, saíndo dela dous campións e dous subcampións en cada categoría. Nas segundas posicións quedaron Santiago Rivera e David Lameiro (A) e Manuel Cortés e Raúl Varela (B).

O Concello abrirá, proximamente, o prazo de inscrición para o Torneo de Pádel de Verán. A actividade dará comezo a mediados de xullo e prolongarase ata a metade de setembro.

Publicacións Relacionadas