HomeA CoruñaMaría Sampedro pon en valor a actividade musical da orquestra Sons

María Sampedro pon en valor a actividade musical da orquestra Sons

- Anuncio -spot_img

 Un cento de artistas interpretarán temas de grandes iconas da música nun concerto no 1 de febreiro

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, acompañaron hoxe a Álex Millet e Ana García, da orquestra Sons, na presentación do concerto que reunirá os temas de grandes iconas da música. Alaska, Rocío Jurado, Queen, Tino Casal ou Raffaella Carrà son algunhas das voces que recrearán no 1 de febreiro un cento de artistas procedentes de distintos puntos da xeografía, onde haberá tamén presenza dunha vintena de talentos de Ribeira. Será no novo Auditorio municipal, ás 20.00 horas.

A este respecto, a rexedora puxo en valor toda a actividade musical da orquestra Sons, “unha das poucas orquestras a pulso e púa de Galicia”, ademais da súa capacidade para involucrar a diferentes organismos nas iniciativas que impulsan. Enxalzou, ademais, a participación de artistas locais, o cal demostra que “o noso talento local goza dunha boa saúde.”

O coro Cores ou o colectivo Alas son outras das entidades que colaboran con este concerto que destaca por levar ao escenario cantantes referentes no colectivo LGTBIQ+, como sinalou o director da orquestra, Álex Millet.

A venda das entradas comezará neste venres, 11 de decembro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 24 euros, máis gastos de xestión.

Publicacións Relacionadas