- Emprendemento e emprego a través de obradoiros.
O Concello de Miño a través dunha axuda do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) pon en marcha do proxecto Miño Emprende no Mar: artesanía alimentaria e transformación do produto pesqueiro.
Este proxecto está destinado a potenciar a creación de emprego e o emprendemento, incluíndo a diversificación das actividades das persoas traballadoras do mar para que adquiran competencias na transformación do produto pesqueiro e dotar, a súa vez, dun maior valor engadido aos propios recursos pesqueiros.
As actividades do proxecto consisten na realización de Obradoiros de Cociña en Vivo na Casa do Pescador, Miño. Trátase de promover un Espazo Gastronómico, a través da formación, a investigación e novas iniciativas de valorización dos recursos pesqueiros, partindo da elaboración gastronómica e artesanal.
As persoas destinatarias do proxecto son as persoas traballadoras do sector da pesca e o marisqueo, produtores agroalimentarios, persoas traballadoras en situación de desemprego, que queiran empregar os recursos marítimos pesqueiros para abrir unha nova liña de negocio ou emprender no sector da transformación do produto do mar. Tamén se enfoca a profesionais da restauración que queiran incorporar os produtos do mar na súa oferta gastronómica.
Os obradoiros de transformación do produto pesqueiro desenvolveranse durante o mes de outubro, na Casa do Pescador de Miño, en horario de tarde de 16 á 20:00 horas ( Rúa Curro, 33). Consisten en:
Obradoiros Marmiño, Artesanía Alimentaria e transformación do produto pesqueiro | ||
Elaboracións artesanais en conserva (20 horas) | Elaboración do produto pesqueiro e da horta en fresco (20 horas) | Novas propostas de elaboración (salgados, patés, etc) (20 horas) |
Mércores 8 de outubro Venres 10 de outubro Luns 13 de outubro Martes 14 de outubro Mércores 15 de outubro | Venres 17 de outubro Luns 20 de outubro Martes 21 de outubro Mércores 22 de outubro Venres 24 de outubro | Luns 3 de novembro Martes 4 de novembro Mércores 5 de novembro Luns 10 de novembro Venres 7 de novembro |
Estes obradoiros incorporarán formación práctica sobre a comercialización e etiquetaxe do produto, control sanitario e tratamento do desperdicio alimentario. E tamén unha visita guiada actividades mariñeiras e do campo (Reserva da Biosfera Terra das Mariñas).
Dende o Concello de Miño faise un aposta decidida e un forte compromiso por apoiar ao sector pesqueiro, promovendo iniciativas de transformación dos seus produtos, co obxectivo de promover a xeración de emprego, de riqueza e de benestar para o noso Concello.
ANEXO: PROGRAMA FORMATIVO
OBRADOIRO 1 (12 horas+3 horas comercialización+3 horas normativa sanitaria+2 horas desperdicio alimentario): elaboracións artesanais en conserva de produto pesqueiro. Mínimo 4 propostas. Contidos:
- Exposición do marco de formación. Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia e do Decreto 174/2019, do 19 de decembro, polo que se regula a artesanía alimentaria de Galicia.
- Identificación e características do produto pesqueiro en Galicia e no Golfo Ártabro Norte.
- Tratamento e conservación do produto pesqueiro.
- Procesos de elaboración artesanais do produto pesqueiro.
- Elaboración de 4 propostas de produto pesqueiro en conserva.
Obradoiro 2 (12 horas+3 horas comercialización+3 horas normativa sanitaria+2 horas desperdicio alimentario): elaboracións do produto pesqueiro e da horta en fresco. Mínimo 4 propostas. Contidos:
- Exposición do marco de formación. Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia. A importancia do consumo de proximidade e saudable.
- Identificación e características do produto pesqueiro en Galicia e no Golfo Ártabro Norte.
- Tratamento e conservación do produto pesqueiro.
- Procesos de elaboración en fresco do produto pesqueiro.
- Elaboración de 4 propostas de produto pesqueiro en fresco, centrado no produto das Confrarías e Lonxas do Golfo Ártabro.
Obradoiro 3 (12 horas+3 horas comercialización+3 horas normativa sanitaria+2 horas desperdicio alimentario): Proposta de novas formas de elaboración e transformación do produto pesqueiro en combinación co produto da horta. Contidos:
- Novas propostas de consumo de produtos de II gama e V gama (listos para consumo). Prestar especial atención aos produtos menos comerciais e reforzar a combinación cos produtos da terra.
- Descrición dos diferentes procesos de elaboración de produtos preparados para o consumo.
- Elaboración de propostas de produto pesqueiro en combinación co produto da horta.
Módulo formativo-práctico de prototipado para a comercialización do produto (3 horas). Contidos:
- Importancia do deseño e o márketing.
- Etiquetaxe conforme á normativa do etiquetado e en liña coa imaxe corporativa para parametrizar o produto e verificar que cumpre cos criterios de seguridade alimentaria.
Módulo Formación sobre normativa sanitaria (3 horas). Contidos:
- Exposición da esixencias da normativa sanitaria, rexistro sanitario e controis necesarios durante a fabricación. Análises necesarias para parametrizar o produto e verificar que cumpre cos criterios de seguridade alimentaria.
Tratamento do desperdicio alimentario. (2 horas). Contidos:
- Lei de Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentario. Obrigas que desde a implementación dun plan de prevención ata a correcta xestión dos excedentes alimentarios.
CALENDARIO PROGRAMA FORMATIVO E VISITAS
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | SÁBADO | DOMINGO |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
6 | 7 | 8 Obradoiro 1 16h a 20h | 9 | 10 Obradoiro 1 16h a 20h | 11 | 12 |
13 Obradoiro 1 16h a 20h | 14 Obradoiro 1 16h a 20h | 15 Obradoiro 1 16h a 20h | 16 | 17 Obradoiro 2 16h a 20h | 18 | 19 |
20 Obradoiro 2 16h a 20h | 21 Obradoiro 2 16h a 20h | 22 Obradoiro 2 16h a 20h | 23 | 24 Obradoiro 2 16h a 20h | 25 | 26 |
27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
NOVEMBRO (pendente de marcar visitas á actividade pesqueira e OS Biosbardos Reserva da Biosfera Terra das Mariñas)
LUNS | MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | SÁBADO | DOMINGO |
1 | 2 | |||||
3 Obradoiro 3 16h a 20h | 4 Obradoiro 3 16h a 20h | 5 Obradoiro 3 16h a 20h | 6 | 7 Obradoiro 3 16h a 20h | 8 | 9 |
10 Obradoiro 3 16h a 20h | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |