Home A Coruña Mayte Silva, veciña de Oroso, gaña a segunda edición do Concurso de...

Mayte Silva, veciña de Oroso, gaña a segunda edición do Concurso de Fotografía Dixital “O Camiño Inglés”

- Anuncio -

O segundo premio foi para Francisco Boo (Narón) e o terceiro para Beatriz Camacho (Cidade Real)

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás Franqueira, vén de facer entrega dos premios da segunda edición do Concurso de Fotografía Dixital “O Camiño Inglés”, certame convocado pola propia asociación en colaboración coa Asociación de Amigos El Camiño Inglés e a Deputación da Coruña. Unha iniciativa á que se presentaron un total de 87 imaxes, 22 das cales serán recollidas pola Asociación para organizar unha exposición itinerante que percorrerá durante 2023 os dezaseis municipios polos que discorre esta ruta xacobea.

O primeiro premio foi para Mayte Silva, veciña de Oroso, pola imaxe “Ir e vires”, unha imaxe tomada hai un par de anos cando fixo o Camiño Inglés canda a familia e amizades. Como anécdota, recoñece que presentou a fotografía “o derradeiro día do concurso, tras ver un aviso no Facebook”. O segundo premio foi para Francisco Boo, veciño de Narón, pola proposta “As cores do mosteiro”, unha imaxe do espectáculo de luz no cenobio de San Martiño de Xuvia (O Couto); e o terceiro foi para Beatriz Camacho, veciña de Cidade Real e ausente na entrega de premios, por “Renacer entre la bruma”, que recollía unha mouteira entre a néboa.

Os premios consistiron nun trofeo e un diploma conmemorativos, canda bonos de 150, 100 e 50 euros a canxear en calquera establecemento de aloxamento e restauración do Camiño Inglés incluído na Rede Stelar, a rede de excelencia e atención ao peregrino promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Manuel Mirás felicitou aos gañadores por participar “nunha iniciativa coa que buscamos aumentar a visibilidade do Camiño Inglés e poñer en valor todos os bens patrimoniais, paisaxísticos, etnográficos, gastronómicos e culturais”. Neste sentido, convido aos gañadores a asistiren o ano que vén a próxima edición de Primavera no Camiño, que terá lugar en Abegondo, e a sumarse ás exposicións itinerantes que se organicen coas 22 imaxes máis votadas do certame.

Relacionadas

A Pobra conmemora o Día Internacional do Libro cun contacontos infantil

0
No 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro e, por tal efeméride, a biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá un contacontos infantil...

Neda promocionará os produtos das súas panaderías con degustacións gratuítas en 16 negocios locais...

0
A terceira edición de “Neda a petiscos” activarase o 27 de abril e prolongarase durante fins de semana consecutivos O Concello subministrará de balde aos...

A Casa dá Cultura de Cariño acolle o sábado 27 de abril unha nova...

0
• A partir das 18:30 horas actuarán cinco grupos musicais, dos que catro son corais e unha delas é portuguesa • A asociación Rondalla de...

Encontro coa hostalería de Fene para organizar o XIV Concurso de Tapas

0
O Concello de Fene chama á hostalería local a participar no encontro que terá lugar o martes 23 de abril ás 16h O Concello de...

O Concello de Ribeira solicita a colaboración da Policía Local para combatir o furtivismo

0
No día de hoxe o alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, mantiveron unha reunión de traballo coa Policía...

“Anicamento”, “teito de cristal” e “cultura da cancelación”, entre as novas entradas do Dicionario...

0
Agachamento e anicamento, teito de cristal, cultura da cancelación, escaleta ou esgrafiado figuran entre as últimas entradas incorporadas ao Dicionario da Real Academia Galega....

Publicacións Relacionadas