Home A Coruña Medio Ambiente adxudica por máis de 100.000 euros a reforma da contorna...

Medio Ambiente adxudica por máis de 100.000 euros a reforma da contorna do Campo da Feira no concello coruñes de Boimorto

- Anuncio -

A actuación está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o Goberno local a través do chamado Plan Hurbe e conta cun prazo de execución de tres meses

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar por un importe de 102.189,58 euros, IVE incluído, o contrato para executar a reforma da contorna do campo da feira, no Concello de Boimorto (A Coruña). O obxectivo da obra, cun prazo de execución previsto de tres meses, é poñer en valor o campo da feira, acometendo a renovación e a mellora da contorna neste punto e tamén da Casa da Cultura, para ordenar a confluencia do tráfico rodado e peonil.

A intervención, enmarcada no chamado Plan Hurbe para apoiar ás entidades locais na execución de actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público, está cofinanciada pola Xunta e polo propio Concello, que asumen o 70% e o 30% do custo, respectivamente, en virtude dun convenio de colaboración asinado por ambas partes.

A empresa adxudicataria é Excavaciones Midón, S.L. e unha vez formalizado o contrato disporá do prazo dun mes para realizar os trámites previos á acta de replanteo e poder así comezar coas obras sobre o terreo.

Concretamente, os traballos inclúen a renovación das beirarrúas e o pavimento de rodadura para dotalo doutro de formigón coloreado, e a creación dunha zona de estacionamento de vehículos de 510 m2. Tamén se realizará unha canalización soterrada da nova rede de recollida de augas pluviais e a renovación de luminarias e da súa instalación eléctrica.

Así mesmo, acondicionarase o parque, situado nas proximidades do antigo Campo da Feira, para embelecer este espazo coa plantación de céspede e a colocación de mobiliario urbano, como bancos e papeleiras. Por último, está previsto renovar o pavimento do parque infantil da Casa da Cultura e instalar unha nova rede de rego para o mantemento do seu xardín.

Balance do Plan Hurbe desde 2010 e partida para este ano
Cómpre lembrar que con intervencións como a que acaba de adxudicarse en Boimorto dáse cumprimento ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable e apostar polo reequilibrio territorial entre as vilas e cidades galegas a través da súa colaboración cos concellos en actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciar infraestruturas, servizos e equipamentos públicos e, en definitiva, mellorar a calidade de vida dos veciños.

Na última década e con cargo ao Plan Hurbe, a Consellería de Medio Ambiente ten executado ou comprometido un total de 317 actuacións urbanísticas en decenas de concellos galegos, actuacións que suporán a mobilización de 148,96 millóns de euros.

Esta liña de colaboración coas entidades locais terá continuidade tamén en 2021, un ano no que os orzamentos do departamento autonómico reservan máis de 7,4 millóns de euros para financiar actuacións en municipios e contornas urbanas.

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas