HomeA CoruñaMercedes Rosón reclama avances para a reposición da placa homenaxe ao músico...

Mercedes Rosón reclama avances para a reposición da placa homenaxe ao músico José Castro González ‘Chané’

- Anuncio -spot_img

• Lembra que no 2021, sendo concelleira de Acción Cultural, recuperáranse dúas das pezas que compuñan a placa e pide agora que se acometa un proxecto de reconstrución da nova peza a partir das partes xa restauradas.

• Rosón mantivo unha conversa co presidente do Ateneo sobre esta cuestión

Mercedes Rosón vén de alertar sobre o atraso na reposición pública da placa homenaxe ao ilustre músico José Castro González, ‘Chané’, case catro anos despois de que se recuperasen dúas pezas orixinais. Rosón esixe coñecer as xestións realizadas polo actual goberno local para dar solución a esta situación e atender así as demandas da sociedade civil e cultural compostelá.

Unha das institucións que mantivo desde o 2016 -ano no que desaparece a placa froito dunha actuación de rehabilitación no inmoble no que estaba situada-, foi o Ateneo de Santiago. Precisamente Rosón mantivo varias conversas co seu presidente, Pancho Candela, a propósito deste asunto, destacando a relevancia de Chené, pero tamén da propia peza que lembraba a súa figura.

A placa de bronce, de estilo modernista e realizada polo escultor Santiago Rodríguez Bonome en 1923 grazas ás achegas de cidadáns, sinalaba a casa natal de ‘Chané’ no número 3 da ruela de Pitelos, “destacando o seu importante legado na difusión da música coral galega”. A súa desaparición foi advertida por colectivos sociais e culturais desde o 2016.

Dúas pezas, recuperadas entre cascallos

Rosón lembra que durante a súa etapa como concelleira de Acción Cultural se impulsou a recuperación de dúas das pezas de bronce que compuñan a placa entre os cascallos da antiga vivenda deste ilustre músico. De feito, estas foron entregadas ao Concello por parte da propiedade do inmoble en xuño do 2021 despois de varios requirimentos durante o ano anterior. Posteriormente foron sometidas a unha actuación de restauración e atópanse na actualidade custodiadas no Teatro Principal, polo que reclama unha alternativa para a súa instalación nun espazo público.

“Esta placa ten un importante valor artístico, pero tamén unha significación identitaria na compoñente de homenaxe a un santiagués ilustre e moi querido polas súas veciñas e veciños” explica Rosón que destaca a súa traxectoria na “difusión e recuperación da música coral galega”.

Ante esta situación, Rosón pide que se expliquen os avances realizados polo goberno local neste tempo: se realizaron novas pescudas entre os cascallos da antiga vivenda deste ilustre músico, onde xa se atoparan as pezas xa recuperadas ou se encargaron algún proxecto para a reconstrución dunha nova peza a partir das pezas xa atopadas e rehabilitadas durante o pasado mandato, dando resposta ás solicitudes realizadas de forma insistente por parte de institucións como o Ateneo de Santiago.

Publicacións Relacionadas