Free Porn
xbporn
Home A Coruña Mila Castro confirma o apoio dos socialistas á comisión de estudo da...

Mila Castro confirma o apoio dos socialistas á comisión de estudo da auga convencida en que o resultado será a concesión: “seino eu e sábeo a propia alcaldesa”

- Anuncio -

Acusa ao executivo de Sanmartín de “enredar” e “dilatar os prazos” para “convencer aos seus socios de que o único modelo viable é a concesión”

“Levamos catro anos perdidos por un bloqueo, un ano sen avances co goberno do BNG e agora suma e segue con unha comisión que concluirá o mesmo”

O Grupo Socialista apoiará a creación de unha comisión especial para o estudo do ciclo integral da auga que se someterá á votación do pleno na sesión ordinaria da vindeira semana. Fano, ademais, convencidos de que o resultado do estudo será o modelo da concesión privada que defenderon durante o pasado mandato: “vai validar, porque a realidade é a que é, a posición que nós sempre mantivemos e demostrará que a señora Sanmartín equivocouse hai ano e medio cando bloqueou o novo contrato”.

Así, a edil Mila Castro, insiste en que a conclusión do estudo será a mesma que se detalla no informe que o goberno de Sánchez Bugallo fixera no 2020 e que colocaba a concesión privada como fórmula máis idónea para a xestión da auga en Compostela. O informe, que explicou a socialista durante unha rolda de prensa este venres, detalla que boa parte das canalizacións do municipio chegaron ao final da súa vida útil e cifraba en “arredor de 100 millóns de euros” a inversión a realizar para a renovación e ampliación da rede. Unha cifra que “agora será maior polo efecto da inflación”.

Neste sentido, desde as filas socialistas defenden que o “único necesario chegados a esta altura” sería que o goberno actualizase o estudo económico aos actuais prezos de mercado para sacar a licitación un novo contrato. Isto, despois de que precisamente a oposición bloqueara hai 18 meses este mesmo contrato cando o goberno socialista sometera esta cuestión á consideración do pleno, en contra, lembra Castro, do que “dicían os informes técnicos”: “porque en aquela altura non importaba nin a opinión dos técnicos nin as necesidades da cidade, importaba desgastar ao goberno socialista”.

“O resultado da comisión é sabido. Seino eu e sábeo a alcaldesa”

Castro recalcou durante a súa comparecencia ante os medios que a situación da rede de abastecemento, xa crítica cando os socialistas encargaron o informe no 2020, “foi a peor” con roturas diarias e domicilios sen posibilidade de acceso á rede. Con isto, a edil socialista, adiantou a predisposición do seu grupo para “apoiar a licitación do ciclo integral da auga e traballar para que isto sexa unha realidade a maior brevidade posible”: “somos conscientes e sensibles ante a actual situación”.

Insiste en sinalar que o resultado da comisión “é sabido”: “seino eu e sábeo a propia alcaldesa”. A que fóra responsable de Servizos Básicos no goberno socialista lembrou ademais que o estudo do que se parte en esta comisión, o feito durante a etapa socialista, foi elaborado polo mesmo equipo redactor que o que o fixo para a cidade de Pontevedra, que actualmente aplica o modelo da concesión privada e, precisamente, está gobernado polo BNG.

Castro amosouse a favor de repetir o estudo, tal e como se pactou na negociación de orzamentos, ao tempo que critica que “o que tampouco se pode facer é enredar e intentar repetir o informe tantas veces como faga falta para que diga o que unha quere que diga”.

“O problema é que seguimos perdendo tempo e dilatando os prazos cando sabemos cal vai ser o final” aféalle a edil socialista ao executivo de Sanmartín que só xustifica esta comisión nos intentos do goberno do BNG de “convencer” aos seus socios de goberno: “chegado o momento a todas nos tocará dar explicacións do que fixemos e votamos, e estou segura de que Sanmartín moito lle pesa xa a súa postura cando os socialistas levamos esta cuestión a pleno” concluíu Castro .

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas