▪ O vindeiro ano cumpriranse tres décadas da creación da Fundación
▪ A edil socialista reivindica o legado cultural dun dos principais representantes do surrealismo en España e “o único artista surrealista galego recoñecido internacionalmente”
O vindeiro ano a Fundación Eugenio Granell cumprirá 30 anos de vida desde que abriu as súas portas en Compostela en 1995. Co gaio desta conmemoración, o Grupo Municipal Socialista propón aumentar a aportación do Concello á Fundación de cara os vindeiros orzamentos municipais co obxectivo de “incrementar esforzos para lembrar a traxectoria dun dos principais representantes do surrealismo en España e o único artista surrealista galego recoñecido internacionalmente”.
Mila Castro será quen defenda unha iniciaGva no pleno deste xoves instando ao executivo de Sanmartin a contemplar esta cuestión nas contas municipais do vindeiro ano, así como a que realice as xestións oportunas coa administración autonómica e deputación provincial para que éstas tamén incrementen as súas dotacións á Fundación.
“Reivindicar o legado cultural de Eugenio Granell é un acto de respecto á riqueza cultural de Galicia” destacou a edil socialista que entende este trinta aniversario como unha “oportunidade” para “achegar ás veciñas e veciños de Compostela o valor e dimensión dos fondos cos que conta a Granell entre debuxos, pinturas, gravados ou esculturas” do propio autor, así como doutros arGstas cohetáneos como Ollou, Duchamp ou Steinberg.

