Home A Coruña Miño acollerá o 13 de xaneiro unha nova sesión de ‘A Administración...

Miño acollerá o 13 de xaneiro unha nova sesión de ‘A Administración preto de ti’

- Anuncio -

• Será ás 11 horas no auditorio do Centro Social da Rúa.

• Os asistentes poderán obter o certificado dixital ou a Cl@ve no momento, así como aclarar dúbidas sobre os trámites dixitais da Administración Pública.

• Expediranse un máximo de 25 certificados electrónicos e hai que inscribirse previamente no teléfono 981782006.

O auditorio do Centro Social da Rúa será unha vez máis o escenario dunha das citas de ‘A Administración preto de ti’ o vindeiro luns, 13 de xaneiro. A xornada, organizada polo Ministerio de Política Territorial, comezará ás 11:00 horas.

O obxectivo do programa é facilitar e achegar os trámites dixitais da Administración Pública á cidadanía. Por iso, nestas sesións pódense emitir certificados dixitais ou a identificación Cl@ve ao momento, un dos servizos máis demandados. Expediranse un máximo de 25 certificados electrónicos polo que é necesario inscribirse no teléfono 981 782 006.

Doutra banda, tamén ofrecen o servizo de asesoramento e resolución de dúbidas nas xestións máis habituais, por exemplo as relacionadas coa xubilación, coñecer a vida laboral ou como acceder ao bono cultural. Desta maneira, búscase combater a fenda dixital e ofrecer a todos os cidadáns as mesmas oportunidades.

Desde a corporación municipal de Miño apuntan que “este tipo de xornadas son necesarias, pois non todo ou mundo se manexa ben non ámbito dixital. Unha formación coma esta, na que se tratan vos procedementos básicos, proporciona á poboación máis autonomía á hora de realizar estas xestións, evitando desprazamentos innecesarios.

Relacionadas

A segunda fase do parque empresarial de Bértoa pasa de cero a 151 naves...

0
As primeiras empresas en instalarse no polígono de promoción pública empezaron cos trámites no 2011No ano 2011 iniciáronse os trámites para a construción das...

O goberno local presenta a súa proposa para destina os Fondos do POS+ Adicional 2025 

0
Esta cuestión, que foi sometida hoxe a ditame da Comisión Informativa, será elevada ao Pleno extraordinario que se celebrará o martes. A Comisión Informativa de...

Cáritas de Aguiño fai unha chamada a participar na VI Milla/Andaina Solidaria “Heroínas de...

0
Hoxe congregáronse no paseo do Touro o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e a presidenta de Cáritas de...

O Concello e a USC organizan a xornada “Os desafíos do turismo sostible” o...

0
A xornada da continuidade ao traballo de recollida de opinións sobre o sector que se levou a cabo nos “foros de turismo” no pasado...

O centro iSlow de Laxe consolídase como referente no impulso ao emprendemento no rural...

0
• O alcalde, Francisco Charlín, recibiu esta mañá ao conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e ao secretario xeral de Emprego e...

Ciclo de concertos na Fábrica durante todos os sábados de febreiro

0
O Concello organizará no auditorio da Fábrica, en Perillo, o XII Ciclo de música Voces cálidas para noites de inverno. Os grupos participantes serán...

Publicacións Relacionadas