Hoxe inaugurouse o local, situado na Praza de Rabazal, onde os usuarios e usuarias de Servizos Sociais poderán trocar os seus vales pola roupa que máis lles guste
Hoxe o Concello de Miño inaugurou un proxecto no que leva meses traballando: o roupeiro municipal. Este novos servizo está dirixido aos usuarios e usuarias dos servizos sociais municipais e ten o obxectivo de dotar de pezas de roupa a aquelas persoas que carezan de recursos económicos para compralas. Á inauguración asistiron o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, a concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Belo, o resto da corporación municipal, e os integrantes do programa de voluntariado municipal que se encargarán de xestionar o roupeiro. O local estará situado na Praza de Rabazal, na localización onde se atopaba antigamente o mercado municipal, e funcionará como unha tenda. O funcionamento: haberá que solicitar uns vales en Servizos Sociais indicando o tipo de roupa que se necesita, haberá de adulto e de neno, e despois poderase trocar no roupeiro pola peza que máis lles guste e a talla que mellor sente. Actualmente o Concello xa conta cunha base de roupa que se conseguiu a través de doazóns e seguirase solicitando segundo a demanda existente do tipo de roupa e de tallas. “Tratamos de mudar ou sistema asistencial por outro de dereitos”, explicou ou alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, que tamén quixo agradecer “ á estudante en prácticas non concello e que convirteu este proxecto nunha dás súas dedicacións, facéndoo posible coa supervisión dá súa titora”.