HomeA CoruñaMiño crece en case 300 habitantes durante 2020 e postúlase como unha...

Miño crece en case 300 habitantes durante 2020 e postúlase como unha das grandes posibilidades da comarca para vivir

- Anuncio -spot_img

O padrón de habitantes, a día 31/12/2020 mostra un dato de 6550 persoas censadas; o Instituto Nacional de Estatística, a día 1/1/2020 mostraba 6277, o que supón un incremento de 273 veciñas e veciños
O Concello de Miño creceu en practicamente 300 novas e novos habitantes durante 2020 e postúlase como unha das grandes posibilidades da comarca para vivir neste municipio costeiro da provincia da Coruña.
O padrón de habitantes, a día 31/12/2020 mostra un dato de 6550 persoas censadas, mentres que o Instituto Nacional de Estatística, a día 1/1/2020 mostraba 6277, o que supón un incremento de 273 veciñas e veciños.
Isto é o reflexo das grandes posibilidades de futuro que ofrece o municipio, debido á súa situación xeográfica, as conexións coas principais cidades, a urbanización Costa Miño -onde se están concedendo novas licenzas de ocupación-, e o seu patrimonio natural, principalmente as marismas e todos os seus areais.
“Nun ano especialmente complicado Miño deu un paso á fronte e os datos reflicten o que é unha realidade: a xente ten moi en conta Miño como lugar para vivir e isto débese á cantidade de posibilidades que o noso municipio ofrece”, destaca o alcalde, Manuel Vázquez Faraldo.

Publicacións Relacionadas