Home A Coruña Miño mobilízase contra a violencia machista con actividades para todas as idades

Miño mobilízase contra a violencia machista con actividades para todas as idades

- Anuncio -

O Concello organiza actos para promover a igualdade e erradicar a violencia.

O Concello de Miño organiza unha serie de eventos no marco do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Baixo o lema “Todas e todos contra a violencia. Fronte a violencia, palabras”, estas actividades buscan concienciar á cidadanía e fomentar a implicación de todas as persoas na loita contra a violencia machista.

O día 25 de novembro, ás 17:00 horas, levará a cabo no local social da Rúa o taller “Maniféstate”, onde se convidará a persoas a partir de 4 anos a participar na creación de pancartas en rexeitamento á violencia. Ese mesmo día, ás 19:00 horas, tamén no local social da Rúa, procederase á lectura do manifesto contra a violencia machista, reafirmando o compromiso colectivo do Concello e a comunidade.
Ademais, a Biblioteca Concepción Arenal ofrecerá unha selección de lecturas dirixidas a todas as idades co obxectivo de sensibilizar e educar sobre a igualdade e a erradicación da violencia de xénero.
O programa culminará o 28 de novembro coa celebración de mesas de coordinación institucional no propio Concello de Miño, destinadas a traballar en estratexias conxuntas para facer fronte á violencia machista.

Con esta axenda, o Concello de Miño reforza o seu compromiso coa igualdade e a prevención da violencia de xénero, convidando a toda a cidadanía a unirse nesta importante causa.

Relacionadas

Adxudicado por 430.000 euros ao ano o servizo de mantemento dos espazos verdes e...

0
É un dos contratos reservados a centros especiais de emprego, nos que o Concello de Carballo foi pioneiro A Xunta de Goberno Local aprobou na...

O Partido Popular de Arzúa critica as primeiras xestións da Festa do Queixo, de...

0
• A xestión da festa deixará de depender de empresas locais para cambiar por unha empresa cun responsable vinculado ó BNG. • Non está de...

O Concello de Brión conseguiu minimizar os danos e as inundacións en vivendas durante...

0
Colocáronse barreiras para impedir asolagamentos, realizáronse limpezas de taxeas por todo o municipio e retiráronse maleza e árbores dos cauces fluviais O Concello xa solicitou...

O alcalde advirte a unha inmobiliaria que non pode chantaxear a propietarios de solo...

0
Segundo denuncian algúns veciños e veciñas, unha empresa inmobiliaria está a crear falsas expectativas sobre unha futura urbanización para que o Concello non iniciou...

Neda destinará os fondos do POS + a financiar servizos municipais e completar a...

0
A decisión permitirá liberar fondos propios para impulsar novas obras sen as limitacións na contratación que impón a Deputación O Pleno de Neda aprobaba este...

Aprobado o programa Xantar na Casa “para seguir avanzando na atención ás persoas maiores...

0
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o programa “Xantar na Casa”, de maneira que quedaron establecidas as pautas para a xestión e o acceso...

Publicacións Relacionadas