O Concello de Mugardos alcanzou o pasado27 de setembro os 1.000 días consecutivos sen aprobar un orzamentomunicipal. Son os que transcorreron desde o 1 de xaneiro do 2023. Segundodenuncia o BNG, esta situación prolongada, provocada pola falta de planificación eincapacidade de chegar a acordos do goberno local, está a afectar directamente vida diaria da veciñanza e ao funcionamento normal da administración.
A ausencia de partida orzamentaria bloquea investimentos fundamentais edeixa numerosos proxectos paralizados. Entre os casos máis relevantes,destacan as obras na Escola Infantil das Lagoas, co conseguinte risco para asnenas e nenos, a renovación de alumeado público no Seixo, a mellora do pavillóndeportivo municipal, a contratación dun novo vehículo para a Policía Local, aliquidación das axudas ás asociacións.
“Un dos casos máis dramáticos pode ser o da merca de terreos anexos aoCEIP Unión Mugardesa. Unha demanda da ANPA para dotar de patio verde áscrianzas. O goberno de Juan Domingo Deus non quere incorporar crédito para eseinvestimento e as nais e pais decidiron formar unha asociación para xuntar os28.500 € necesarios. Xa recadaron 11.500 €, pero a porta da Alcaldía seguepechada para eles. É isto defender os intereses da veciñanza?”, pregúntaseEvaristo Deus, cabeza de lista do BNG nas pasadas eleccións municipais.
“Esta é unha situación sen precedentes. Gobernar por sistema sen orzamentosanuais é unha auténtica anomalía. Agora son 1.000 días, pero van camiño de sermoitos máis. O Gobernomunicipal non só deixa de planificar, senón que fai que acidadanía teña que asumirproxectos que deberían ser públicos e que os servizosbásicos queden ao bordo do colapso”, sinala Deus.
Diante desta situación, o BNG pide ao goberno do PP que convoque deinmediato aos grupos municipais e presente un borrador de orzamentos, convontade negociadora, que teñan como base a mellora de servizos, a seguridade dasinstalacións e a execución de proxectos pendentes. A veciñanza non pode seguirsufrindo a parálise administrativa.