Durante as madrugadas dos días 4, 5 e 6 de xuño produciranse unha serie de cortes de luz programados pola empresa Naturgy para efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica ademais de atender nas mellores condicións ás necesidades de subministración das zonas respectivas.
O 4 de xuño efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:
– De 00:00 a 04:30h; rúa Marcial del Adalid (Liáns)
O 5 de xuño efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:
– De 00:00 a 02:30h; rúas Ánade Real e Cormorán (O Seixo)
– De 02:30 a 04:30h; rúa Graxal (O Seixo)
– De 04:30 a 07:00h; rúas Paraíso, Sauces e avda. As Mariñas (O Seixo)
O 6 de xuño efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:
– De 00:00 a 02:30h; rúa Beiramar (Perillo)
– De 02:30 a 04:30h; rúa Rafael Alberti, avda. Santa Cristina e avda. Che Guevara (Perillo)
– De 04:30 a 07:00h; rúa Xesteira e avda. As Mariñas (Perillo)
Desde o Concello de Oleiros agradécese a colaboración da veciñanza e rogamos que desculpen as molestias ocasionadas. Para calquera dúbida ao respecto poderanse poñer en contacto coa empresa Naturgy no teléfono 900 333 999.