HomeA CoruñaA CoruñaNaturgy comunica ao Concello de Oleiros que se efectuarán cortes de luz...

Naturgy comunica ao Concello de Oleiros que se efectuarán cortes de luz en diversas rúas do municipio os días 21, 23 e 24 de outubro

- Anuncio -spot_img

Durante as madrugadas dos días 21, 23 e 24 de outubro produciranse unha serie de cortes de luz programados pola empresa Naturgy para efectuar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica ademais de atender nas mellores condicións ás necesidades de subministración das zonas respectivas.

O 21 de outubro efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:
– De 03:00 a 05:00h: ZONA BEIRAMAR: rúa Ánade Real e rúa Cormorán.

O 23 de outubro efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:

– De 00:00 a 03:00h: ZONA PERILLO: rúa da Ribeira e rúa do Inglés.

– De 03:00 a 05:00h: ZONA PERILLO: rúa Corredoira das Viñas.

O 24 de outubro efectuaranse os seguintes cortes nas rúas que seguen:

– De 02:00 a 04:00h: ZONA MERA: rúa Cividanes


Desde o Concello de Oleiros agradécese a colaboración da veciñanza e rogamos que desculpen as molestias ocasionadas. Para calquera dúbida ao respecto poderanse poñer en contacto coa empresa Naturgy no teléfono 900 333 999.

Publicacións Relacionadas