Home A Coruña Nava Castro e Manuel Mirás inauguran oficialmente o proxecto “O Camiño Inglés...

Nava Castro e Manuel Mirás inauguran oficialmente o proxecto “O Camiño Inglés na Escola”, que se impartiu hoxe en Sigüeiro e que chegará aos 16 municipios do Camiño Inglés

- Anuncio -

A directora de Turismo de Galicia felicitou á Asociación de Concellos do Camiño Inglés por unha iniciativa “que nos encantaría poder emitar noutras rutas para que cadaquén saiba o que ten no seu Camiño”

O presidente do Camiño Inglés salientou que a iniciativa “chegará a todos os concellos polos que pasa o Camiño Inglés, tanto na Coruña como na Inglaterra, onde comezamos no colexio St Godric´s”

O presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inauguraron oficialmente este mediodía o proxecto “O Camiño Inglés na escola”, un proxecto educativo que pretende sensibilizar e difundir os valores xacobeos entre os nenos e nenas de educación primaria dos 16 municipios polos que discorre esta ruta de peregrinación. Unha presentación que tivo lugar diante dunha vintena de nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro (Oroso).

Manuel Mirás agradeceulle a Nava Castro a súa total colaboración na posta en marcha deste proxecto, unha iniciativa da Asociación de Concellos do Camiño Inglés financiada integramente pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través de Turismo de Galicia. “Isto faise para dar a coñecer o Camiño Inglés, do que sempre digo que é un diamante en bruto que pasa por diante das nosas casas e por onde cada vez máis peregrinos: galegos, do resto de España, ingleses, franceses, italianos, portugueses…”, díxolles Mirás Franqueira aos pequenos, a quen lembrou que “o Camiño hai que respectalo e queremos que tamén llo digades ás vosas familias”.

O presidente da asociación destacou que o Camiño Inglés “na idade media foi o máis importante de todos os Camiños de Santiago, xa que a gran maioría dos peregrinos que viñan do norte de Europa, en vez de pasar anos camiñando preferían vir en barco ata os portos da Coruña ou Ferrol”. Así mesmo indicou que despois de pasar por Pontedeume, Betanzos e Oroso, este proxecto chegará a todos os municipios polos que discorre o Camiño Inglés “non só na provincia da Coruña, porque tamén se fai en colexios de Inglaterra, onde comezamos polo colexio St Godric´s de Auckland”.

Xogo da Oca do Camiño Inglés

Pola súa banda, Nava Castro puxo en valor a primeira materialización do proxecto “O Camiño Inglés na Escola” que foi o “Xogo da Oca do Camiño Inglés”, ao que estiveron xogando os nenos e nenas de Sigüeiro. A directora de Turismo de Galicia lembrou que “o Xogo da Oca comeza precisamente grazas ao Camiño de Santiago. Xogábase hai 1.200 anos en Europa”. Así mesmo, felicitou á Asociación de Concellos do Camiño Inglés pola iniciativa xa que “nós estamos co proxecto Veo veo Xacobeo intentando facer algo similar e isto é un luxo que se podemos imitar e nos deixades, estaremos encantados de facelo para que cadaquén saiba o que ten no seu Camiño”.

Neste sentido, destacou o acerto de dirixirse aos nenos e nenas para que “recoñezan todos os monumentos que os peregrinos atopan porque, cando sexan maiores, seguro que quererán facer o Camiño e que lles contaredes aos vosos pais e nais o que hai de interesante no Camiño e que podemos visitar. Cada casilla do xogo ten un conto que é importante para coñecernos”.

Asistentes

Durante unha hora, a rapazada do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro estivo tirando os dados e xogando con esta peculiar versión do xogo da oca, con fermosas ilustracións co máis representativo de cada unha das etapas dende o punto de vista patrimonial, cultural e paisaxístico. Ademais, segundo movían as fichas do xogo, a monitora lles ía explicando detalles dos municipios polos que estaban discorrendo.

Manuel Mirás e Nava Castro estiveron acompañados na súa visita a Oroso polo director do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro, Francisco Ávila; así como polo alcalde de Oroso, Luís Rey; a tenente de alcalde, Isabel Fernández; e o voceiro do PP orosán, Alexánder Doval.

“O Camiño Inglés na escola” é un proxecto promovido pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, que conta co financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través de Turismo de Galicia. A asociación, constituída en febreiro do 2019, está formada por 16 concellos: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol, Mesía, Miño, Narón, Neda, Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas