Home A Coruña Nava Castro enxalza o papel do Xacobeo de cara á reacivación do...

Nava Castro enxalza o papel do Xacobeo de cara á reacivación do turismo náutico na chegada a Muros da Travesía Xacobea “Navega o Camiño”

- Anuncio -

― A directora de Turismo de Galicia recibiu aos navegantes que participan nesta peregrinación por mar, organizada polas asociacións náuticas coa colaboración da Xunta para poñer en valor o sistema portuario autonómico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu esta tarde no porto de Muros aos participantes na Travesía náutica xacobea Navega o Camiño (Sail the way), que percorre a costa galega desde Ribadeo ata o río Ulla. A peregrinación por mar, que visita un total de 15 portos galegos, rematou hoxe en Muros a súa quinta etapa e culminará coa chegada a pé a Santiago de Compostela o vindeiro sábado.

Nava Castro destacou a importancia desta iniciativa na promoción do sistema portuario autonómico e enxalzou o papel do Xacobeo 21-22 de cara á reactivación do turismo náutico e a difusión do Camiño por mar. A directora de Turismo agradeceu neste sentido o traballo conxunto das entidades organizadoras -NorthMarinas, Asnauga e Marinas de Galicia- na difusión de Galicia como destino seguro, con carácter diferenciado e lonxe das masificacións doutras zonas litorais.

Tamén amosou o apoio da Xunta a esta travesía, pois supón un impulso á desestacionalización do turismo náutico ao promover a navegación no interior das rías, “que polo carácter calmado das súas augas permiten a navegación todo o ano”. Neste sentido, subliñou a importancia de trasladar esta idea aos navegantes de toda Europa, finalidade coa que a Xunta engadiu á travesía un barco oficial no que viaxan xornalistas especializados en turismo de medios de diversos países.

Ademais, a directora de Turismo de Galicia lembrou que esta edición reivindica o papel da muller na práctica náutica. Con este obxectivo, a campioa olímpica Ángela Pumariega patronea unha das embarcacións da organización cunha tripulación composta maioritariamente por mulleres.

Confluencia en Portosín
A travesía náutica xacobea Navega o Camiño (Sail the way) continuará o seu itinerario mañá coa etapa entre Muros e Cabo de Cruz. Previa á súa chegada ao porto boirense, a expedición recalará no peirao de Portosín, onde confluirá cos barcos que están a realizar a ruta sur desde o porto de Baiona como reclamo do conxunto do sistema náutico galego.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas