Free Porn
xbporn
Home A Coruña Neda abre unha lista de emprego para a cobertura interina de prazas...

Neda abre unha lista de emprego para a cobertura interina de prazas de oficial de mantemento-conserxe

- Anuncio -

O prazo para solicitar a participación no proceso selectivo remata o 30 de xullo

O Concello de Neda vén de publicar as bases e a convocatoria do proceso selectivo para crear unha lista de persoal aspirante a funcionario interino ou persoal laboral temporal de prazas de oficial mantemento- conserxe, mediante o sistema de concurso oposición. O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso é de 10 días hábiles contados dende este martes.

Con esta iniciativa, o Concello busca dotarse dunha lista de emprego que utilizará para a cobertura destes postos, de forma temporal, no caso de vacantes, baixas, vacacións, exceso ou acumulación de tarefas, ou a execución de programas de carácter temporal.
Segundo recollen as bases aprobadas a semana pasada pola Xunta de Goberno Local, figuran entre as posibles funcións a desempeñar a apertura, peche e control do acceso a dependencias municipais; tarefas de auxilio á función administrativa; a xestión do taboleiro de anuncios; a clasificación do correo, recepción e inventario de produtos; atención ao público, e tarefas de mantemento e acondicionamento de edificios municipais. Así, no temario figuran, entre outras cuestións, nocións básicas de carpintería, fontanería, xardinería.

Segundo conta nas bases reguladoras da convocatoria, poderán presentarse persoas cun mínimo de 16 anos e que non superen a idade de xubilación, con nacionalidade española ou doutros estados da UE, e coas capacidades e aptitudes necesarias para o desempeño das tarefas. Deberán dispor do título da ESO ou equivalentes de etapas educativas anteriores (graduado en secundaria, graduado escolar ou técnico auxiliar; bacharelato elemental) e do CELGA 3, ou ben estar en condicións de obtelos antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.

A fase de concurso aportará un máximo de 40 puntos (experiencia previa + formación específica) e outros 60 obteranse na fase de oposición, que constará de tres exercicios (un tipo test, un exercicio práctico e a proba de coñecemento do galego, no caso de non acreditar o coñecemento da lingua).

As persoas interesadas en participar no proceso teñen de prazo ata o 30 de xullo para presentar as súas instancias de solicitude, conforme ao modelo oficial, que pode descargarse na web municipal, xunto coa documentación complementaria. No caso de presentar a solicitude nun lugar distinto ao do Rexistro do Concello de Neda, deberán remitir unha copia o mesmo día ao correo electrónico: correo@neda.gal.

Relacionadas

O Concello de Boqueixón investirá 100.000 € na mellora da EDAR de Pousada, que...

0
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético e o alcalde de Boqueixón visitaron esta mañá a depuradora O Concello de Boqueixón investirá máis de...

Ribeira suma dúas parias caninas e xa ten cinco habilitadas 

0
O rexedor, Luís Pérez e a concelleira de Medio Ambiente e Benestar Animal, Antía Alberte  desprazáronse ata a Insuela (Palmeira) para anunciar as novas...

Montemaior acollerá o martes 27 de agosto un almorzo informativo do proxecto Aloumiños

0
A inscrición é gratuíta e debe formalizarse por teléfono ou correo electrónico. O proxecto Aloumiños é unha iniciativa impulsada polo Colexio de Educadoras e Educadores...

O Concello da Pobra homenaxeará o exilio republicano e soldados da compañía “La Nueve”

0
Unha semana despois de conmemora-lo Día da Galiza Mártir, o Concello da Pobra do Caramiñal organiza un acto de homenaxe máis en materia de...

O circuíto de carreiras barbancés comeza na Pobra no 25 de agosto

0
A XV Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal marca o inicio, no 25 de agosto, do VII Circuíto de Carreiras Populares Barbanza Arousa...

Presentación da XIV edición do Festival “Salsa na Rúa”

0
Neste verán ateigado de festas e eventos non podería faltar á cita o xa clásico festival “Salsa na Rúa” que este ano cumpre a...

Publicacións Relacionadas