HomeA CoruñaNeda acolle o martes unha charla sobre dereitos do consumidor en relación...

Neda acolle o martes unha charla sobre dereitos do consumidor en relación aos bancos e subministros do fogar

- Anuncio -spot_img

O programa autonómico “Consumo en ruta” volve a Neda cunha xornada divulgativa destinada a informar aos veciños e veciñas da localidade sobre os seus dereitos como consumidores. A cita, orientada ademais a resolver dúbidas, terá lugar o martes, 21 de outubro, na Casa das palmeiras.

Na iniciativa, prevista para as 19 horas, ademais de facer unha introdución xenérica, o persoal da Escola Galega de Consumo porá o foco nos dereitos existentes tanto en relación ao subministros do fogar (electricidade, telefonía…) como nos servizos financeiros e bancarios. Desta forma apuntarase como actuar ante posibles malas prácticas, buscando acabar coa sensación de indefensión que ás veces se produce.

As persoas que asistan á xornada poderán formular as dúbidas que consideren oportunas en materia de consumo, teñan ou non relación coa correspondente sesión formativa.

A participación neste programa permitirá finalmente aos nedenses coñecer as ferramentas que, a nivel autonómico, teñen á súa disposición para asesorarlle, acompañarlle e, en último caso, axudarlle a restituír os seus dereitos.

Publicacións Relacionadas