HomeA CoruñaNeda activa este venres a preinscrición de novo alumnado da Escola infantil...

Neda activa este venres a preinscrición de novo alumnado da Escola infantil municipal para o curso 2026-2027

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda abre este venres o prazo de preinscricións para novo alumnado da escola infantil municipal Os Pelegríns de cara ao curso 2026-2027. As solicitudes, xunto coa documentación complementaria, terán que presentarse no rexistro municipal como moi tarde o 15 de abril.
O servizo socioeducativo, que atende a menores de entre tres meses e tres anos, avoga pola experimentación e o xogo como métodos para facilitar a aprendizaxe e manterá un ano máis a súa aposta pola alimentación saudable, contando con cociña propia.
A escola infantil, situada no lugar de Empedrón, xunto ao instituto, constitúe a principal oferta do Concello de Neda para facilitar á veciñanza a conciliación de vida familiar, persoal e laboral. Funciona os doce meses do ano, cun horario que abrangue dende as 8 ás 16 horas, ofrecendo a posibilidade de xornada completa, media xornada e xornada reducida, segundo as necesidades dos proxenitores. E volverá ser absolutamente gratuíta para as familias.
O regulamento municipal dos Pelegríns establece como preferencia que o alumnado estea empadroado en Neda durante o tempo de asistencia á escola. No que atinxe á adxudicación de prazas, estipula que terán prioridade os solicitantes cun irmán ou cunha irmá con praza renovada no centro, así como as familias con máis puntos na baremo de circunstancias socioeconómicas.
Para máis información pode contactarse cos Servizos Sociais municipais ou coa propia escola, a través do teléfono 682562616.
O Concello de Neda inviste anualmente ao redor de 200.000 € no funcionamento e mantemento deste recurso para as familias, contando cunha axuda da Xunta que rolda o 25 %.

Publicacións Relacionadas