HomeA CoruñaNeda activa hoxe a súa Mesa de Saúde Local, impulsada polo Concello...

Neda activa hoxe a súa Mesa de Saúde Local, impulsada polo Concello e a Regaps Ferrol

- Anuncio -spot_img

Convértese no segundo municipio de toda a comarca en dotarse desta ferramenta de traballo para potenciar a saúde da veciñanza

Neda conta dende hoxe coa súa propia Mesa de Saúde Local. Esta tarde tivo lugar a reunión constituínte deste foro, froito do traballo conxunto entre o Concello e a Rede de Promoción da Saúde, pertencente á Dirección Xeral de Saúde Pública, que xurde para mellorar o benestar da poboación local, a través da colaboración, de profesionais sanitarios e do resto de actores que desenvolven un papel activo na promoción da saúde a nivel local.

A Casa da Cultura nedense acolleu este primeiro encontro, ao que se sumaron representantes do centro de saúde, de farmacias locais, de distintos departamentos municipais, dun dos centros educativos, de asociacións (Axune, A Canteira do Puntal) e clubs deportivos (a SDR Neda). Foi unha primeira toma de contacto, conducida pola terapeuta ocupacional e a traballadora social responsables da Regaps na Área Sanitaria de Ferrol, de cara a iniciar o traballo en equipo.

Precisamente, a mesa de saúde local nace como un espazo de diálogo para a detección de necesidades da comunidade en materia de promoción de saúde e potenciar liñas de acción conxuntas que contribúan, por exemplo, á adopción de hábitos de vida saudables.
Así, Neda convértese no segundo municipio de toda Ferrolterra, Eume e Ortegal- o primeiro foi Ares- que dispón desta ferramenta de traballo anovadora e colaborativa. Un proxecto que aspira a ser un referente en materia de saúde pública municipal. “Queremos dar voz e posibilitar unha participación real no debate público aos axentes sociais máis relacionados cos ámbitos da saúde e a calidade de vida”, apuntan dende o Concello.

A administración local e a Regaps, dependente da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilo Saudables e creada a raíz do Plan Obesidade Zero, pretenden que a iniciativa sirva, entre outras cousas, para impulsar campañas, obradoiros, e outras accións de promoción da saúde.

A mesa de saúde local, con reunións periódicas, busca consolidar en Neda un modelo de saúde comunitaria participativo, que contribúa a potenciar a calidade de vida.

Publicacións Relacionadas