Free Porn
xbporn
Home A Coruña Neda adxudica por 43.265 euros a renovación das varandas de protección das...

Neda adxudica por 43.265 euros a renovación das varandas de protección das beirarrúas do Poulo

- Anuncio -

O Concello de Neda adxudicaba esta semana o proxecto de substitución das barreiras de protección peonil das marxes exteriores das beirarrúas da AC-862 entre o Portazgo e o Poulo, en Xuvia. Unha actuación destinada a minimizar o risco de caída dos viandantes, tendo en conta o desnivel existente nalgún punto coas parcelas e vivendas da zona.

A firma Señalizaciones Norte SL será a encargada de acometer a intervención na que se investirán un total de 43.265 euros, con cargo ao POS + 2024, que financia a Deputación da Coruña (a obra saíu a licitación en xullo por algo máis de 55.000 euros). Trátase dunha mellora comprometida polo goberno local e moi demandada pola veciñanza, dado o deterioro das varandas existentes, froito da oxidación, e o feito de que mesmo hai tramos nos que xa faltan.

Colocaranse en total 119 metros de novas barreiras, repartidas en cinco tramos, que terán “aspecto análogo ao actual, resoltas en aceiro co axeitado tratamento” para garantir a súa duración.
O contrato adxudicado inclúe a desmontaxe, fabricación e colocación dunhas barreiras novas que, ademais de reforzar a seguridade viaria, permitirán mellorar a imaxe da zona.

Relacionadas

Adxudicación da redacción proxecto básico e de execución para a Rehabilitación do Conservatorio de...

0
O concello de Ribeira segue novamente dando pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade con esta nova adxudicación de redacción de proxecto e...

Música, maxia, mercado de artesanía, mostra etnográfica e degustación de produtos locais, esta fin...

0
A festa abrirase na tarde do sábado 21 de setembro cun concerto de Roi Casal dentro da súa xira “Ambos Mundos” A praza de Ponte...

Comeza o programa “Saber Facer Barrio 2024” para reflexionar sobre emprendemento e oportunidades de...

0
A próxima semana arrinca en Conxo a acción "Saber Facer Barrio 2024", impulsada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude,...

O Concello promove ‘Sons e saberes no Monte dos Crutos’, con actividades para todas...

0
Haberá rutas, visitas musicadas, contacontos e actuacións musicais este venres e sábado Esta fin de semana celebraranse as xornadas ‘Sons e saberes no Monte dos...

O Pico Sacro acollerá o do sábado 28 de setembro o espectáculo Camiño Máxico

0
O Pico Sacro acollerá o vindeiro sábado 28 de setembro, ás 21:00 horas, o espectáculo Camiño Máxico no Pico Sacro, da compañía Queiman e...

Inés Rey: “Non hai reto de futuro que non pase por poñer no centro...

0
A alcaldesa interveu na mesa de debate “Los retos de las ciudades en el horizonte 2030-2050” no IV Congreso RECI, que tivo lugar en...

Publicacións Relacionadas