Filigrana, que promove o encontro co apoio de Concello, Deputación e Artesanía de Galicia, abre inscricións para participar
Neda volverá converterse un ano máis en capital do encaixe cunha nova edición da súa Xuntanza de Palilleiras. A cita, que organiza a Asociación Filigrana, celebrarase no pavillón municipal Ale de Paz o vindeiro 8 de marzo, volvendo ser unha das máis madrugadoras do calendario da comarca, e coa mesma vocación de servir de punto de encontro e reunión, dando a coñecer estas labores a través das demostracións en directo e a exposición de traballos. Auténticas obras de arte. Ademais, a xuntanza, que conta co respaldo de Concello, Deputación e Artesanía de Galicia, constitúe un magnífico escaparate do municipio, xa que ano tras ano reúne a participantes chegadas de todos os puntos de Galicia e tamén doutras comunidades veciñas.
A día de hoxe, e ata o 1 de marzo, Filigrana mantén a inscrición aberta a través do teléfono 637 732 668. As asociacións interesadas en tomar parte poden chamar ou enviar unha mensaxe de whatsapp indicando o nome da entidade, número de participantes e nome da docente.