HomeA CoruñaNeda completa a limpeza da praia do Puntal, preparada xa para o...

Neda completa a limpeza da praia do Puntal, preparada xa para o arranque do período estival

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda levaba a cabo hoxe os traballos mecanizados de limpeza do areal do Puntal. Unhas tarefas que veñen a completar a posta a punto da praia, tras a eliminación de maleza na contorna, e a retirada de material de deriva e doutros residuos acumulados na ribeira ao longo dos últimos meses.

Dende primeira hora da mañá, e coa axuda dun tractor, a administración local levaba a cabo os traballos de “rastrillado” e peneirado da area dos dous treitos de praia, situados a un e a outro lado do espigón do Puntal, buscando eliminar todos os restos de refugallos, pedras, material vexetal que poidan quedar.

Apuntan dende o Concello que quincenalmente, ata setembro, repetiranse estes traballos mecánicos de cribado, buscando así que o areal, presente unhas axeitadas condicións de uso.

A administración local conta para iso cunha achega de 6.768 euros da Deputación da Coruña, no marco programa de axudas para a limpeza de praias en municipios costeiros da provincia.

A posta a punto da praia do Puntal incluíu ademais, nas últimas semanas, a roza da contorna da praia, a instalación de indicadores de dirección para pór en valor este punto, e os traballos previos á instalar unha ducha.

Publicacións Relacionadas