Home A Coruña Neda destinará os fondos do POS+ 2026 a mellorar o Camiño de...

Neda destinará os fondos do POS+ 2026 a mellorar o Camiño de Pontegrande e financiar servizos municipais

0
2

O pleno de Neda daba luz verde este mediodía ao reparto da cantidade asignada ao concello pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Obras e Servizos POS + 2026. A administración local destinará boa parte dos fondos provincias ao financiamento de servizos básicos municipais, reservando ademais unha partida ao ensanche e pavimentación do Camiño de Pontegrande.
Así, a administración local aprobou destinar 279.850 euros a paliar o incremento dos gastos aos que ten que facer fronte con recursos propios, como consecuencia do aumento do prezos dos distintos servizos prestados á cidadanía e subas como a do tratamento do lixo imposta por Sogama. Desta forma, poderá reservar máis fondos propios a investimentos. Nesta liña, cómpre lembrar ademais que xa en decembro, o goberno local destinaba os 44.416 euros do POS Social a gastos de axuda no fogar e emerxencia social.
Investimentos
En paralelo, resérvanse preto de 98.000 euros a investimentos financeiramente sostibles. Así, proporase a pavimentación do Camiño de Pontegrande, dende o cruce co Camiño de Balbís ata o “muíño do Carballo”, punto onde se iniciou nos últimos meses a pavimentación da vía que conduce a Pename. Unha vía pública que, debido ás condicións e ao intenso uso, require dunha posta a punto urxente.
O proxecto aprobado polo Concello inclúe o aglomerado asfáltico en quente esta vía de algo máis de medio quilómetro, que se verá ensanchada nas zonas de cesión das fincas edificadas e o entubado das cunetas de formigón, e a mellora da drenaxe baixo a estrada das augas procedentes da ladeira de Pename.
Finalmente, aprobouse como proxecto complementario a transformación da área de xogo existente no paseo de Xuvia, ao pé do instituto, nun parque inclusivo infantil, que poidan desfrutar por igual nenos e nenas con e sen discapacidade, reforzando o atractivo deste espazo e o seu uso como área recreativa.
O POS+ 2026 saíu adiante por maioría absoluta, coas votos do PSOE e a abstención dos partidos da oposición, que suxeriron novas actuacións adicionais.