HomeA CoruñaNeda pon en marcha nos centros educativos públicos obradoiros destinados a acabar...

Neda pon en marcha nos centros educativos públicos obradoiros destinados a acabar cos micromachismos

- Anuncio -spot_img

O CEIP de Maciñeira acollía este mércores a primeira entrega do ciclo de talleres de micromachismos, impulsado polo Concello de Neda, con motivo do Día da Muller. A actividade, que chegará aos tres centros públicos do municipio, busca fomentar a igualdade, e propiciar que a rapazada reflexione sobre todos eses pequenos xestos e expresións sexistas que contribúen a perpetuar os roles de xénero.

O alumnado de 5º e 6º de primaria do Maciñeira foi o primeiro en participar nesta sesión dinámica, na que, tras avaliar o coñecemento dos estudantes sobre catro conceptos elementais en materia de igualdade, poñen a lupa no súa contorna familiar; e analizan como moitas das letras das cancións seguen a trasladar mensaxes machistas e como nos contidos das redes sociais más usadas se produce unha hipersexualización.

Os obradoiros municipais, desenvolvidos cos Fondos do Pacto de Estado fronte á violencia de xénero, chegarán este xoves aos estudantes máis maiores do CEIP San Isidro e o 26 de marzo, aos rapaces e rapazas do IES Fernando Esquío.

Publicacións Relacionadas