HomeA CoruñaNeda porá en marcha en novembro catro cursiños de manexo do móbil...

Neda porá en marcha en novembro catro cursiños de manexo do móbil para maiores

- Anuncio -spot_img

As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Casa do Concello

O Concello de Neda organiza en distintos puntos da localidade, no marco das súas actividades de envellecemento activo, cursos básicos de manexo do teléfono móbil, porta de acceso a ferramentas cada vez máis imprescindibles para comunicarse na sociedade actual e mesmo para realizar xestións básicas. A iniciativa, destinada a que os maiores poidan aproveitar ao máximo as posibilidades que ofrecen os smarthphone, desenvolverase entre o 10 de novembro e o 5 de decembro.

Os cursiños desenvolveranse os luns e mércores no local social de Anca, de 16:00 a 17:45 horas, e máis no Roxal, de 18:00 a 19:45 horas. E os martes e xoves, tanto no centro cívico de Neda, dende as 16:30 horas, como na casilla do Puntal, a partir das 18:30 horas.

Así pois, durante dous días á semana, as persoas participantes aprenderán a usar as diferentes funcionalidades que ofrecen os actuais teléfonos intelixentes. Serán sesións sinxelas e eminentemente prácticas nas que haberá tempo para resolver dúbidas e resolver suxestións.

Apuntan dende o Concello que, por exemplo, nas sesións aprenderán a realizar vídeo chamadas a través de WhatsApp, ou plataformas como Meet ou Zoom. Ademais familiarizaranse con ferramentas de información e entretemento (lectura de xornais, vídeos…), aprenderán a manexar a app e-saude para xestionar as súas citas médicas, consultar o seu historial clínico ou ver a medicación activa; e descubrirán como obter o certificado dixital para facer trámites coa administración.

As persoas interesadas en beneficiarse destes cursos gratuítos, que buscan axudar a superar a fenda dixital existente,  deben inscribirse cantos antes na Casa do Concello (primeiro andar). As prazas son limitadas.

As actividades contan co apoio da Deputación da Coruña no marco das axudas a programas de envellecemento activo das localidades de menos de 5.000 habitantes da provincia.

Publicacións Relacionadas