HomeA CoruñaNeda utilizará o escaparate de Equiocio para convidar ao público á XXXV...

Neda utilizará o escaparate de Equiocio para convidar ao público á XXXV Festa do Pan

- Anuncio -spot_img

Neda sumarase por quinto ano consecutivo a Equiocio Ferrol. O Concello contará no certame hípico e de lecer familiar, que se desenvolve do 31 de xullo ao 3 de agosto, cun stand para dar a coñecer os seus principais reclamos turísticos e, singularmente, a próxima edición da Festa do Pan.
O Concello volve a apostar pola presenza no veterano evento, no que anualmente se dan cita milleiros de persoas afeccionadas ao mundo ecuestre. Visitantes de Galicia e doutros puntos do España e tamén de Portugal que, en moitas ocasións, aproveitan a visita a Covas para desfrutar da comarca.
Tendo en conta isto, Neda presentarase no certame como localidade de paso ou de inicio do Camiño Inglés, ruta de peregrinación a Santiago de Compostela que está a vivir un momento especialmente doce e, como non, como a capital do mellor pan de Galicia.
Nesta liña, ademais de para entregar material promocional sobre os principais recursos turísticos do municipio, coa Fervenza do Belelle como reclamo esencial, o paso por Equiocio servirá para convidar ao publico a achegarse á 35 edición da Festa do Pan, que se celebrará o 7 de setembro.
Será a segunda feira na que participe este ano o Concello de Neda, tras Primavera no Camiño Inglés, que tivo lugar en Miño. E nela, ademais doutros municipios, estarán representadas as localidades da comarca ligadas á ruta de peregrinación.

Publicacións Relacionadas