HomeA CoruñaA CoruñaNeste 2025 xa se selaron 28.753 compostelas fronte ás 28.065 do 2024.

Neste 2025 xa se selaron 28.753 compostelas fronte ás 28.065 do 2024.

- Anuncio -spot_img

Neste 2025 xa se selaron 28.753 compostelas fronte ás 28.065 do 2024.

Outros ámbitos que destaca satisfacción media entre os camiñantes alcanza unha puntuación de 4,44 sobre 5 e medra o seu gasto medio ata acadar os 51 euros por persoa.

Nas enquisas elaboradas pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, destaca o incremento dos viaxeiros internacionais, pois representan o 55% dos cuestionarios realizados.

 O Camiño Inglés consolídase como unha das rutas xacobeas con maior crecemento e mellor valoración. A día de hoxe, xa se entregaron máis compostelas que en todo o ano 2024. A día 19 de outubro son 28.753, cando en 2024 se rexistraron 28.065 selos totais, segundo os datos recollidos pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

A enquisa realizada entre abril e setembro de 2025 a 830 peregrinos revela un dato destacable: por primeira vez, os participantes estranxeiros foron máis numerosos que os nacionais (55% fronte a 45%). Este resultado non implica un cambio nas cifras totais de compostelas, nas que os camiñantes españois seguen a ser maioría, pero sí reflicte o crecente interese internacional pola ruta e a súa capacidade de atracción en mercados exteriores.

A mostra inclúe peregrinos de ata 48 nacionalidades distintas, con especial aumento dos procedentes de Estados Unidos e Portugal, que practicamente duplican os rexistros de 2023. Tamén se suman viaxeiros dos cinco continentes, con orixes tan diversas como Singapur, India, Filipinas, Australia ou Madagascar.

O grao de satisfacción co Camiño Inglés mantense en niveis moi altos, cunha puntuación media de 4,44 sobre 5. Máis da metade dos enquisados (58%) outorgan a máxima valoración, destacando tanto a beleza da ruta como a calidade dos servizos dispoñibles.
O estudo tamén mostra un incremento no gasto medio diario, que se sitúa arredor dos 51 euros por persoa. O grupo que declara un desembolso entre 50 e 75 euros diarios pasa do 17% ao 25%, un indicador do impacto económico positivo do Camiño nos concellos que atravesa. A Asociación subliña que moitos peregrinos non contabilizaron o custo do aloxamento, polo que o gasto real podería ser aínda superior.

As mulleres son maioría e aumenta a franxa de idade media

Por primeira vez, as mulleres representan o 54% dos peregrinos, consolidando a imaxe do Camiño Inglés como unha ruta segura e acolledora, especialmente para viaxeiras soas ou en pequenos grupos.
En canto á idade, predominan os camiñantes entre 45 e 54 anos, seguidos dos de 55 a 64, mentres que o grupo menor de 45 anos reduce lixeiramente o seu peso.

Por último, a maioría dos participantes (49,7%) considera que non é necesario introducir melloras. Entre as propostas máis mencionadas destacan o incremento de servizos de hostalería en determinados tramos e a redución dos percorridos por estrada (ambas cun 13% das respostas), seguidas da creación de áreas de descanso con bancos e fontes (8,5%). Tamén se recollen suxestións puntuais para reforzar a seguridade viaria ou mellorar pasos peonís, aínda que a sinalización é valorada como excelente pola gran maioría.

Publicacións Relacionadas