Home A Coruña Noelia Martínez preséntase como candidata para impulsar o cambio político en Arteixo

Noelia Martínez preséntase como candidata para impulsar o cambio político en Arteixo

- Anuncio -

Decenas de veciños e veciñas de Arteixo, o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane e o alcalde de Carral Javier Gestal, arrouparon esta mañá a Noelia Martínez no acto público de presentación da súa candidatura ao Concello de Arteixo. Noelia Martínez, profesional sanitaria e con formación en administración e finanzas, preséntase ás eleccións municipais para impulsar un cambio político en Arteixo que permita desenvolver unhas políticas públicas nas que, ante todo, prevaleza o interese xeral da cidadanía e o respecto ás leis.

“Preséntome como candidata á alcaldía totalmente libre de ataduras. O meu único compromiso é cos veciños e veciñas de Arteixo. Ademais, preséntome contado co apoio de todos os compañeiros e compañeiras que formamos Alternativa en Arteixo e tamén coas forzas e ánimos de moitos veciños que desexan outro Arteixo moito mellor. Síntome con moita ilusión e con moita forza”, dixo a candidata.

“Pensamos, que o municipio de Arteixo e a súa veciñanza merecen algo moito mellor. Arteixo merece e necesita con urxencia un equipo de goberno honrado, humilde, transparente e preparado. Para ser claros; xusto o contrario do que temos actualmente”, explicou.

Previamente, o representante da executiva Juan Francisco Martínez presentou á candidata e puxo en valor o importante traballo realizado por Alternativa dos Veciños en Arteixo durante os últimos 4 anos, percorrendo todos os núcleos de poboación escoitando aos veciños e atendendo as súas demandas, reclamando constantemente esas necesidades ás diferentes administracións e organismos implicados.

Pola súa parte, o presidente do partido, Ángel García Seoane, eloxiou á candidata, unha persoa íntegra e honrada, capacitada, que leva liderando o partido en Arteixo 4 anos, logrando paralizar numerosas actuacións de dubidosa legalidade, en permanente contacto cos veciños. Arteixo necesita un cambio político profundo, que é posible con Alternativa dos Veciños.

Relacionadas

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

O Concello da Pobra convoca unha asemblea veciñal para informar do proxecto de ampliación...

0
Informar do impacto do proxecto de ampliación das instalacións de Escurís S.L. na contorna da Baiuca, ao abeiro da solicitude de declaración de interese...

O PP de Culleredo advirte que o pavillón de Tarrío deteriórase día tras día...

0
∙ A simple actualización de prezos que pretende realizar José Ramón Rioboo é “totalmente insuficiente. Necesítase un proxecto novo que recolla as verdadeiras necesidades...

Publicacións Relacionadas