Free Porn
xbporn
Home A Coruña Nos últimos vinte anos tramitamos licenzas para a construción de 223 naves...

Nos últimos vinte anos tramitamos licenzas para a construción de 223 naves no parque empresarial de Bértoa

- Anuncio -

Xestur ten á venda nestes momentos, a un prezo bonificado de 32,99 euros metros cadrados, as dúas últimas parcelas dispoñibles no polígono

A Oficina Técnica Municipal leva tramitadas nos últimos vinte anos licenzas para a construción de 223 naves no parque empresarial de Bértoa. Os períodos de maior demanda foron os comprendidos entre os anos 2004 e 2007, antes da crise inmobiliaria, e do 2017 ao 2021, co lóxico descenso que se produciu no 2020 por mor da crise sanitaria que provocou a COVID-19.

Desde o ano 2021 a solicitude de licenzas vai en descenso, e neste caso tamén hai unha xustificación, que non é outra que a falta de solo. A principios dese ano había vinte parcelas dispoñibles no polígono industrial, pero sete meses despois só quedaban nove. A día de hoxe quedan dúas parcelas, que precisamente Xestur vén de sacar á venda cun prezo bonificado de 32,99 euros/metro cadrado: unha de 9.384 metros cadrados e outra de 13.414, que inicialmente tiñan uso terciario pero que, grazas á modificación realizada no ano 2022, agora tamén poden ter uso industrial. As condicións de venda poden consultarse na web de Xestur.

Ademais da elevada demanda de solo, no polígono industrial de Bértoa destaca a constante actividade de construción de naves. No que vai de ano presentáronse solicitudes de licenza para sete máis, o que elevará a 230 a cifra total.

O polígono carballés consta na actualidade de dúas fases: unha primeira de 285.000 metros cadrados, construída no 1988 por iniciativa privada, e outra de 718.000 metros cadrados, promovida por Xestur, que empezou a construírse no ano 2008 e foi inaugurada no 2010. Coa terceira fase, comprometida pola Xunta de Galicia desde hai varios anos, ampliaríase en 554.000 metros máis.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas