HomeA CoruñaNova campaña de apoio e cooperación do Concello de Oleiros con Cuba...

Nova campaña de apoio e cooperación do Concello de Oleiros con Cuba ante o bloqueo xenocida de Trump

- Anuncio -spot_img

Ademais da campaña permanente de denuncia política do bloqueo, o Concello está a preparar un novo envío de material sanitario e educativo á illa. O Goberno municipal está a realizar distintas xestións con hospitais, centros de ensino, universidades e ONG para coordinar o envío da maior cantidade de contedores marítimos posibles. Este programa de cooperación verase incrementado economicamente polas doazóns que calquera cidadán pode realizar á conta solidaria permanente do Concello de Oleiros (ES12-2080-0064-9830-4001-1138).

O que hoxe vive o pobo cubano non é unha crise económica por falta de recursos, é un asasinato lento e calculado executado polos Estados Unidos. O bloqueo total decretado por Donald Trump é unha prohibición deliberada que impide a chegada de medicamentos básicos, fármacos para o corazón, a diabetes, a presión arterial… ou que pon en risco a vida de nenos recén nacidos pola falta de combustible para as incubadoras.

Porque o bloqueo non só afecta ao petróleo e aos combustibles, senón que persegue barcos con alimentos e medicinas, bloquea transaccións bancarias e sanciona a calquera empresa que tente vender arroz, leite ou carne a Cuba. Esa política, sostida durante 60 anos e recrudecida nas últimas semanas, é definida pola propia poboación cubana como “terrorismo con fame”.

No ámbito sanitario, a situación é crítica. A pesar de que Cuba foi quen de crear cinco vacinas contra a COVID-19 sen axuda externa, o bloqueo impide agora o acceso a xiringas, anestesia ou repostos para equipos de raios X. O talento científico cubano vese asfixiado por un imperio que castiga os seus logros.

Publicacións Relacionadas