Home A Coruña O 112 Galicia avisou os bombeiros de Santiago e Arzúa ante a...

O 112 Galicia avisou os bombeiros de Santiago e Arzúa ante a solicitude de reforzo dos efectivos de Ordes para a extinción dun incendio nunha vivenda en Oroso o pasado Venres

- Anuncio -

O Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento de Santiago xa fora informado da incidencia desde que se tivo coñecemento no 112 Galicia

Os Bombeiros de Arzúa trasladáronse ata o lugar dos feitos para colaborar e os de Santiago de Compostela alegaron que se non estaba activado o Platerga non podían desprazarse

Cómpre aclarar que o Platerga actívase en emerxencias extraordinarias onde se ve superada a capacidade de resposta dos medios habituais e se precisan medidas adicionais e extraordinarias de coordinación e información, debido a que o risco da situación poda derivar nunha emerxencia colectiva ou o volume de medios que é preciso mobilizar require unha coordinación e información excepcionais

O 112 Galicia recibiu o pasado venres sobre as 11,00 horas o aviso dun incendio declarado nunha vivenda da rúa Rosalía de Castro do concello coruñés de Oroso no que unha muller perdeu a vida. Un particular púxose en contacto co Centro de Información e Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para informar dun lume dentro dun piso afirmando que podía haber dúas persoas no seu interior. Desde ese momento, deuse aviso de xeito inmediato aos parques de bombeiros de Ordes e Santiago de Compostela pola súa proximidade ao lugar dos feitos.

Tamén se puxeron os feitos en coñecemento dos servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia -061- da Policía Local de Oroso e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

A Policía Local informou que a vivenda estaba chea de fume e que unha persoa estaba sendo atendida polos servizos sanitarios, confirmándose posteriormente o falecemento dunha muller e o traslado en ambulancia doutra persoa.

Debido ás elevadas temperaturas acadadas e para evitar que o lume se continuase estendendo, os bombeiros de Ordes solicitaron reforzos e a colaboración de máis efectivos, polo que desde o 112 Galicia volveuse a dar aviso ao Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento de Santiago, que xa foran avisados ao terse coñecemento da incidencia, e tamén aos de Arzúa.

Os Bombeiros de Arzúa trasladáronse ao lugar dos feitos para prestar colaboración aos efectivos de Ordes, mentres que desde o parque de Santiago solicitaron coñecer se estaba activado o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) para poder desprazarse. O lume no inmoble quedou extinguido sobre as 14,30 horas.

Cómpre aclarar que o Platerga só se activa en emerxencias extraordinarias, isto é, aquelas situacións de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, que superan a capacidade de resposta dos dispositivos habituais de atención a emerxencias e supoñen a mobilización de recursos extraordinarios para facer fronte a esa situación de risco. Por tanto, precisan de medidas adicionais de coordinación e información que supoñen a activación dun Plan de Protección Civil debido a que a incidencia poda derivar nunha emerxencia colectiva, a diferencia de casos coma este dun lume urbano que non supera a capacidade de resposta dos dispositivos habituais e no que se precisa un apoio puntual no ámbito da colaboración entre os servizos de emerxencias.

Este tipo de emerxencias extraordinarias polas que se activa o Platerga esixen da constitución dun Centro de Coordinación Operativa (CECOP), unha superior dirección, un asesoramento ao director do plan por parte dun comité de expertos e institucións así como, no seu caso, da adopción de medidas de protección á poboación.

Así pois, actívase o Platerga por accidentes con múltiples vítimas que esixen a coordinación de medios de distinta procedencia e con funcións diversas como, por exemplo, accidentes ferroviarios, grandes incendios industriais, emerxencias químicas, grandes operativos de salvamento e rescate e non en lumes urbanos ordinarios coma neste caso.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas