HomeA CoruñaO 15 de setembro abre o prazo de inscrición para as actividades...

O 15 de setembro abre o prazo de inscrición para as actividades culturais 2025/2026 organizadas polo Concello de Oleiros

- Anuncio -spot_img

O luns 15 de setembro ás 10.00 horas ábrese o prazo para optar as distintas actividades culturais organizadas polo Concello: obradoiros de artes plásticas, teatro, olería, pintura, ilustración e cómic.

O Concello de Oleiros organiza diferentes obradoiros culturais para todas as idades durante o curso 2025/2026. O prazo de inscrición nas diferentes actividades comeza  o 15 de setembro ás 10.00 horas.

A solicitude poderase realizar a través da sede electrónica ou presencialmente na Fábrica (de luns a venres en horario de mañá), nos seguintes prazos:

Obradoiros infantís e xuvenís:

  • Do 15 de setembro ás 10.00 horas ao 19 de setembro ás 12.00 horas.

Obradoiros para maiores de 18 anos:

  • Do 22 de setembro ás 10.00 horas ao 26 de setembro ás 12.00 horas.

Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Máis información sobre horarios, ubicación, prezos públicos e calendario na web municipal (PARTICIPA > ACTIVIDADES CULTURAIS), no departamento de Cultura na Fábrica ou a través de cultura@oleiros.org

Enlace á solicitude e ás actividades ofertadas: https://www.oleiros.org/es/actividades-culturales/-/asset_publisher/HSJ5LJ3LSSU6/content/id/2082334

Publicacións Relacionadas