Home A Coruña O ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’, proba da Copa Galicia de Resistencia,...

O ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’, proba da Copa Galicia de Resistencia, chega este domingo a Camariñas

- Anuncio -

● A cita, organizada por Baikers do Vilán en colaboración co Concello, ten saída e meta na área recreativa do Ariño.

● Participan 217 bikers, con comezo ás 10 horas, e é unha ruta circular de 6 quilómetros ao redor do Monte da Insua.

Este domingo, 5 de febreiro, Camariñas será a sede dunha das probas da Copa Galicia de Resistencia, un novo certame coordinado pola Federación de Ciclismo Galego (FCG). A ‘3H BTT Circuíto da Caramiña’ está organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas.

A competición comezará ás 10 horas. A recollida de dorsais para os e as participantes será o mesmo domingo desde as 8:30 ata as 9:30 horas. É un circuíto circular, de 6 quilómetros de percorrido, con saída e chegada na zona do Ariño e que deixará fermosas estampas como a do paso pola praia do Ariño ou no alto do Monte da Insua.

Participan 217 bikers, que competirán en modalidade individual, por parellas ou equipos, tanto masculino, feminino ou mixto, nas seguintes categorías: Sub23 Fem., Sub23, Master 60 Fem., Master 60, Master 50 Fem., Master 50, Master 40 Fem., Master 40, Master 30 Fem., Master 30, Junior Fem., Junior, Élite Fem., Élite, Cadete Fem., Cadete.

Relacionadas

O concello mellora a estrada no núcleo de A Fontaíña, en Lemaio

0
O proxecto supera os 86.000 euros de investimento. O núcleo de A Fontaíña, na parroquia de Lemaio, está a ser obxecto dun proxecto promovido polo...

Mercedes Rosón sobre a operación Peleteiro: “BNG e CA deben asumir a súa responsabilidade...

0
Lembra que en febreiro do 2023 toda a oposición bloqueou o proxecto do goberno socialista para a rehabilitación da parcela do antigo Peleteiro “Hoxe a...

A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de Interese Turístico...

0
A Secretaría de Estado de Turismo vén de remitir a resolución favorable á devandita declaración que converte a esta celebración na terceira da provincia...

A praia da Corna volve ser escenario dunha nova xornada de retirada de lixo

0
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Terá lugar no domingo 21,...

O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade

0
As obras arrancarán nas próximas semanas e levaranse a cabo na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de...

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San Pedro de...

0
Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de  Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do  circuíto Coruña Corre  As persoas interesadas en...

Publicacións Relacionadas